Noticias

  • A Xunta e a Fundación Barrié veñen de asinar o convenio de colaboración para impulsar a segunda edición do programa Ignicia co obxectivo de seguir apoiando o acceso ao mercado de proxectos de investigadores galegos a través da análise e a elaboración dos plans de desenvolvemento e comercialización. Este acordo, segundo explicou o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, dá continuidade ao subscrito en xaneiro de 2016 para o desenvolvemento da primeira edición desta iniciativa, que permitiu apoiar un total de 9 proxectos cun investimento de 4 millóns de euros en sectores como as TIC, o aeronáutico e a biotecnoloxía.
  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinalou hoxe que a Xunta vai impulsar a posta en marcha de Hubs de Innovación Dixital como punto de encontro entre a empresa, a investigación e o financiamento. Así, avanzou, nunha xornada celebrada en Santiago de Compostela, que despois do verán se realizará a primeira convocatoria, baixo concorrencia competitiva, para identificar os Hubs que todos os axentes do sistema innovador queren impulsar en Galicia. A través da fórmula dos Hubs de Innovación Dixital, a Administración autonómica busca cohesionar a todos os axentes en torno a sectores estratéxicos
  • A Xunta de Galicia aboará xa na nómina do mes de xullo unha suba salarial do 1,5% aos seus empregados públicos, unha vez que os Orzamentos Xerais do Estado entraron en vigor e permiten ás administracións aplicar este incremento. Ademais, na nómina de xullo incluirase tamén un pago adicional duns 250 euros correspondente á aplicación desta suba salarial entre os meses de xaneiro e xullo, dado que a medida ten carácter retroactivo e ten efectos desde o 1 de xaneiro, tal como establece o acordo para a mellora do emprego público asinado o pasado mes de marzo entre o Ministerio de Facenda e os sindicatos CCOO, UGT e CSIF.
  • Galicia pechou o mes de xuño superando o millón de afiliacións á Seguridade Social (1.006.499), unha cifra que no se alcanzaba desde hai case 7 anos (agosto de 2011). A Comunidade galega, polo tanto, segue creando emprego cun aumento das afiliacións no último ano do 2,72%, é dicir, 26.622 máis, o que supón que xa son 8 meses consecutivos nos que o aumento anual supera o 2% e as 20.000 afiliacións. Con respecto tamén á creación de emprego, son xa máis de 4 anos de incrementos consecutivos -desde abril de 2014- cunha evolución positiva nas afiliacións e é o maior aumento nos seis primeiros meses do ano desde 2007.
  • O número de fogares galegos que chegan con facilidade ou moita facilidade a fin de mes aumentou ata o 54,6%, mentres que a cifra de fogares con dificultade ou moita dificultade descendeu ata o 45,4%. Este é o resultado máis baixo de fogares con algunha dificultade a fin de mes de toda a serie histórica, que se inicia no primeiro trimestre de 2010. De feito, o número de fogares que chegan con facilidade a fin de mes medrou en Galicia 7,4 puntos respecto ao anterior trimestre e case unha décima no último ano .
  • O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar o programa de axudas específico para a contratación indefinida de mulleres desempregadas ao que a Consellería de Economía, Emprego e Industria destina máis de 1,5 millóns de euros para que preto de 200 mulleres poidan atopar un traballo de calidade. Con esta actuación estímase apoiar a súa inserción laboral a través de 150 empresas. O prazo xeral para a presentación das solicitudes rematará o 30 de setembro de 2018.
  • A Xunta porá en marcha un Plan 5 G, complementario ás medidas europeas e estatais, para que Galicia sexa territorio preferente na fase de pilotaxe de solucións tecnolóxicas baseadas na tecnoloxía 5G, segundo a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega), Mar Pereira.
  • Las ayudas del nuevo programa de apoyos de la Xunta para facilitar a los autónomos el relevo generacional se pueden solicitar hasta el próximo 30 de septiembre. El Diario Oficial de Galicia acaba de publicar la convocatoria de esta iniciativa para facilitar la transmisión en los negocios de los trabajadores por cuenta propia próximos a la jubilación, identificando las condiciones óptimas para el traspaso. La finalidad de este nuevo programa es, por lo tanto, la concesión de ayudas económicas para la realización de un relevo generacional ordenada en los negocios de los autónomos. En la actualidad, más del 30% de los autónomos gallegos se sitúa por encima de los 55 años.
  • Serán cerca de 15 millones de euros, cofinanciados entre la Xunta y el Ministerio de Fomento, en dos modalidades de ayuda, la primera dirigida a toda la población con carácter general y la segunda dirigida específicamente a los jóvenes menores de 35 años. En ambos casos se podrán recibir las ayudas con carácter retroactivo desde el 1 de enero y por un período máximo de tres años. Para acceder a dichas ayudas los solicitantes deberán acreditar que los ingresos de las personas que conforman la unidad familiar están comprendidos entre los 375 € y los 1.342 € mensuales.
  • La programación del Centro de Emprendimiento de la Cidade da Cultura de Galicia incluirá del 23 a 25 de noviembre la cuarta edición en Galicia de la Maker Faire, la mayor feria de inventores del mundo. La celebración de este evento tiene lugar en el marco del acuerdo entre la Fundación Cidade da Cultura y el Ayuntamiento de Santiago de Compostela para la promoción del Gaiás como un espacio de innovación y creación empresarial en el ámbito de las industrias creativas. La Maker Faire volverá al Museo Centro Gaiás este otoño en la que ya es su cuarta edición, consolidándose como la más importante de la península, tanto en número de makers como de asistentes.