Noticias

  • Manteranse as rebaixas fiscais en vigor e aprobaranse catro novas baixadas: no Imposto sobre Transmisións Patrimoniais no caso de vivenda usada habitual, no de Sucesións para as herdanzas entre irmáns, no de Patrimonio e en innovación
  • A Xunta afronta o desafío enerxético coa aprobación das Directrices enerxéticas para o trienio 2018-2020, nas que é prioridade o desenvolvemento de enerxías renovables, cun investimento de 1.300.000 € e coa instalación de 1.200MW, dos que 1.000 serán para a produción de electricidade en base ao vento, a auga e o sol, e 200 de enerxía térmica a partir de biomasa, solar térmica, xeotermia e aerotermia
  • Tanto a Xunta como o Principado de Asturias xa se puxeron en contacto co Ministerio de Industria e co Ministerio para a Transición Ecolóxica para coñecer as propostas que se contemplan neste asunto
  • Prevese o investimento máis cuantioso por proxecto en toda Europa, con ata 100.000 euros de axuda por iniciativa, só na fase de incubación. A previsión é lanzar tres convocatorias (a primeira, en novembro) que mobilizarán como mínimo 4.750.000€ ata finais de 2021, dando soporte a 19 empresas e creando 60 empregos directos.
  • A Xunta analizará a situación das persoas sen fogar en Galicia co obxectivo de elaborar un plan de atención específico. A cifra de galegas e galegos que sofren carencia material severa reduciuse nun 40% e supón xa menos da metade da media nacional
  • O Conselleiro de Facenda presentou no Parlamento o teito de gasto para 2019, asegurando que é “realista e prudente”, e o máis san e o que menos recorre á débeda de toda a década. A revisión á alza da previsión de crecemento para 2018 queda no 2,8% e no 2,5% en 2019, polo que Galicia seguirá experimentando un forte crecemento
  • A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, participou na Cidade da Cultura nas Xornadas Mulleres de Seu “O futuro de todas”, con motivo do Día da Muller Rural, que este ano cumpríu o seu décimo aniversario para -indicou- festexar este día é visibilizar a importancia das achega económicas, sociais e culturais que desenvolven as mulleres en áreas rurais de todo o mundo.
  • Esta liña de subvencións da Xunta, busca afondar nun sector máis competitivo e de maior calidade, contemplándose actuacións para elevar a categoría actual dos establecementos, a modernización de instalacións, embelecemento e actualización de equipos. A Consellería de Cultura e Turismo, dentro do seu obxectivo de afondar nun sector turístico máis competitivo, vén de investir case 1 millón de euros para estimular a renovación de establecementos de aloxamento.
  • O presidente do Goberno Galego inaugurou as xornadas “Hacia el astillero 4.0 por la transformación digital”, que en Ferrol organizan Navantia e a Universidade Internacional Menéndez Pelayo. Núñez Feijóo incide na necesidade de que Navantia prosiga co seu plan para converterse nun asteleiro máis tecnolóxico e que, por parte do Goberno central, se apoie ese esforzo con máis concreción e máis certezas, subliñando que a Axenda Galicia Industria 4.0 da Xunta, cun orzamento total de 352 millóns, xa beneficiou a máis de 7.100 empresas e permitiu a creación de máis de 18.000 postos de traballo.
  • DigiTalent formúlase como unha iniciativa aberta con achegas da propia Administración autonómica e dos axentes do ecosistema dixital, entre os que están as 12 empresas que en 2013 se adheriron ao Pacto Dixital da Xunta para impulsar o crecemento tecnolóxico da Comunidade. Responsables de Indra, Everis, Iecisa, Satec, Televés, R, Altia, Coremain, Telefónica, Vodafone, DXC Tecnology o Clúster TIC Galicia, reuníronse esta semana co equipo directivo da Amtega para pechar o calendario de actividades deste último trimestre do ano, que se centra nas actividades para os máis novos.