Notas

  • Á edición dos premios deste ano concorreron 42 empresas galegas, das que foron seleccionadas cinco finalistas centradas en actividades TIC, a xestión financeira, a seguridade viaria e o desenvolvemento de sistemas de monitorización e optimización de procesos produtivos. Ademais da iniciativa gañadora do galardón, Alen Space, dedicada ao deseño e fabricación de satélites espaciais, as empresas que chegaron á fase final, son: Opseeker, Coinscrap Finance, Netum Solutions e Data Monitoring.
  • As I Xornadas Internacionais de Madeira 2020 están organizadas pola Axencia Galega da Industria Forestal (Xera) en colaboración coa Escola de Arquitectura de Cesuga. A industria da madeira facturou en 2018 un 2% máis que o ano anterior, emprega a máis de 21.000 persoas, e incrementou un 4,6% o seu volume de exportacións. A presenza internacional da madeira galega é cada vez maior grazas ao sector do contract no que traballan un centenar de empresas en máis de 100 países.
  • As iniciativas abraguen actividades do sector industrial da automoción; do sector agroalimentario, como a elaboración de viños, pan e bolería; e dos servizos, como centros para maiores e escolas infantís, clínicas dentais, de fisioterapia e podoloxía ou restaurantes especializados. O investimento medio por proxecto é de preto de 152.000 euros, correspondéndose máis do 47% das iniciativas ás impulsadas por autónomos e as restantes por sociedades mercantís.
  • A Amtega quere contar coas achegas dos máis novos na elaboración da Estratexia Dixital de Galicia 2030. Así, a Axencia autonómica lanza dous concursos, cuxos obxectivos son explorar a creatividade dos máis novos a través do debuxo ou a narración, estimular a reflexión sobre como a transformación dixital afectará a nosa Comunidade nos próximos 10 anos, así como sensibilizar sobre o impacto da dixitalización na nosa Comunidade e dar a coñecer o proceso de elaboración da Estratexia Dixital de Galicia 2030.
  • O Leader ten un orzamento de 84 millóns de euros dentro do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e actualmente arredor do 85% dos seus fondos están xa comprometidos. Estes recursos, xestionados por cada un dos GDR no seu respectivo ámbito xeográfico, serven para dinamizar o territorio e impulsar un desenvolvemento harmónico do noso agro cun enfoque “de abaixo a arriba”.
  • Máis de 70 profesionais de 51 empresas de ambas as beiras do Miño participan no V Encontro de Coprodución Audiovisual Portugal-Galicia, que se desenvolve hoxe e mañá no balneario da localidade ourensá de Arnoia. A Xunta e o Goberno luso organizan este foro bilateral, que continúa aumentando progresivamente tanto en nivel de participación como en acordos de colaboración e coprodución.
  • O establecemento instalado no Hotel Carrís Ribeira ata o 17 de novembro é froito da colaboración entre a Xunta de Galicia e o Grupo Nove. Funcionará como embaixador da gastronomía galega e afondará na internacionalización e desestacionalización nun mercado de gran potencial. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na preapertura do establecemento nun acto para a prensa española e portuguesa
  • Abriuse o IV Foro Autonómico TIC de Gartner, o primeiro que se celebra en Galicia. No encontro abordaranse aspectos chave para as Administracións públicas como as estratexias para incluír as TIC na axenda política, os modelos de financiamento para a transformación dixital ou a evolución das infraestruturas tecnolóxicas para dar resposta ás demandas futuras derivadas da dixitalización.
  • Hoxe, ás 19,00 h., no Vello Cárcere de Lugo, Francisco Porcar, membro do Grupo de Traballo de Formación da HOAC, falará do empeño polo traballo digno como prioridade social, tendo en conta que as persoas son o primeiro e a economía debería responder ás súas necesidades.
  • 90 axentes do sector agrogandeiro participaron en Forcarei na primeira xornada “Primare Demo-Days”, na que se abordaron as oportunidades e os retos do proxecto piloto de innovación ‘Primare – Inspeccións Intelixentes Avanzadas’ da Xunta para automatizar os controis en campo asociados ás axudas da Política Agraria Común (PAC).