Noticias

Ovo, o novo espectáculo do Circo do Sol chega como atractivo e reclamo turístico do nadal galego

OVO é a 25ª producción en directo do Circo do Sol, creada con motivo do seu 25 aniversario. Estreouse por primeira vez en Montreal no ano 2009 e visitou 30 cidades en seis países diferentes como espectáculo de Gran Carpa antes de transformarse nun espectáculo de pavillón no ano 2016. Poderá verse en varias sesións no Multiusos Fontes do Sar, en Santiago de Compostela. No espectáculo teñen especial protagonismo os insectos que traballan, comen, se desprazan, xogan e loitan. Cando un misterioso ovo aparece entre eles, os insectos senten unha intensa curiosidade por ese obxecto icónico que é, ademais, o fío conductor do espectáculo. Ademais das acrobacias e espectáculos, destaca o vestiario, inspirado nos superheroes futuristas e en armaduras de calquera época.

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou hoxe na presentación de OVO, o novo espectáculo do Circo do Sol que chegará a Galicia do 3 e o 7 de xaneiro co apoio da Xunta de Galicia coa intención de converterse nun “atractivo e reclamo turístico do Nadal galego”.

Como explicou durante a presentación, chega avalado pola “solvencia e prestixio” da compañía, así como pola excelente resposta do público en anteriores representacións que xa realizou en Galicia. “Temos moi en conta o positivo impacto que traerá á cidade desde o punto de vista turístico, pero tamén a repercusión polo seu valor á hora de prestixiarnos como destino de grandes espectáculos, algo que axuda a difundir a imaxe de Galicia no exterior”.

Puxo de manifesto, a importancia que o Goberno autonómico concede a este tipo de eventos para desestacionalizar a oferta turística e para incentivar tanto o turismo nacional como o dos propios galegos especialmente nun momento como o Nadal.

25 aniversario

OVO é a 25ª producción en directo do Circo do Sol, creada con motivo do seu 25 aniversario. Estreouse por primeira vez en Montreal no ano 2009 e visitou 30 cidades en seis países diferentes como espectáculo de Gran Carpa antes de transformarse nun espectáculo de pavillón no ano 2016. Poderá verse en varias sesións no Multiusos Fontes do Sar, en Santiago de Compostela.

No espectáculo teñen especial protagonismo os insectos que traballan, comen, se desprazan, xogan e loitan. Cando un misterioso ovo aparece entre eles, os insectos senten unha intensa curiosidade por ese obxecto icónico que é, ademais, o fío conductor do espectáculo. Ademais das acrobacias e espectáculos, destaca o vestiario, inspirado nos superheroes futuristas e en armaduras de calquera época, e a música en directo cunha banda de sete músicos, que tocan bossa nova, samba, funk e electrónica. As entradas están á venda tanto na web da compañía como en plataformas como livenation.es, Ticketmaster e El Corte inglés.

R., 2023-10-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (20240510-xunta.JPG) Tivo lugar unha xornada de debate organizada pola Fundación Galicia Europa (FGE) no marco da celebración do Día de Europa co obxectivo de abordar coa mocidade universitaria o estado actual do proxecto de construción europea. No evento colaboraron a asociación xuvenil Equipo Europa e a asociación de debate universitario Retórica da Universidade de Vigo. No evento tratouse o impacto da Unión Europea e das eleccións ao Parlamento Europeo do próximo xuño. A fundación ten en marcha unha campaña en redes sociais para informar á cidadanía galega sobre o traballo das institucións da UE e sobre o seu impacto en Galicia. En liña co seu compromiso con achegar a Unión á xuventude, patente na iniciativa EuroXuventude, a campaña estará principalmente destinada á mocidade.
Foto de la tercera plana (outras-historias-posibles.jpg) A Cidade da Cultura de Galicia reivindica na exposición 'Outras historias posibles' a obra de seis artistas contemporáneas vinculadas a Galicia que despuntaron nos anos 80 do pasado século. A mostra, que abrirá a súas portas no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura a finais deste mes de maio, reúne unha ampla escolma dos traballos de Ana García Pan, Emilia Guimeráns, Anne Heyvaert, Tusi Sandoval, Blanca Silva e Laura Terré co obxectivo de celebrar o seu talento e contextualizar a súa obra, atendendo tanto ás influencias do contexto histórico como aos eventos da vida privada que determinaron o seu devir artístico.

Notas

Representantes dunha trintena de universidades españolas déronse cita en Vigo para avanzar na protección dos dereitos e no compromiso coa diversidade cultural, sexual e de xénero. Fixérono no cuarto encontro da Red de Universidades pola Diversidade, o órgano de representación das universidades españolas en diversidade sexual e de xénero (orientación sexual, diversidade corporal, afectiva, identidade de xénero e expresión de xénero) e diversidade por procedencia, cultura, crenza e afíns.
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega aprobou o nomeamento de Joseba Sarrionandia, escritor vasco, como Escritor Galego Universal en 2024, desde o profundo respecto e afecto á súa persoa e a valoración da altísima calidade da súa obra, así como por defender a lingua, a cultura e a dignidade nacional de Euskadi. Joseba Sarrionandía (Bizkaia, 1958), formou parte nos anos oitenta da banda literaria Pott, xunto con Bernardo Atxaga, Jon Juaristi e Ruper Ordorika.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES