A nova académica deu lectura na celebración a un resumo do seu discurso de ingreso, titulado Máis alá do manifesto, e recitou as súas traducións ao inglés de poemas de autores e autoras galegos de distintos tempos, dende Pondal, RosalÃa e Manoel Antonio ata Luz Pozo Garza, Xosé LuÃs Méndez FerrÃn, Alberto Avendaño, Xohana Torres, Emma Pedreira, LuÃsa Villalta e Marica Campo. No ensaio, dispoñible na sección de publicacións de academia.gal, a catedrática emérita da Universidade de Maine identifica a promoción da tradución como requisito indispensable para espallar as letras galegas no escenario global, pero advirte que isto non debe cinguirse exclusivamente ao libro en papel nin limitar outros camiños. “Os novos formatos non deben darnos medo ou parecernos inferiores”, sentencia no inspirador ensaio, no que defende o aproveitamento de “varandas” como os libros electrónicos, os audiolibros ou os códigos QR, todos eles outras formas de traducir -considera- para gañar públicos.
Kathleen March fai un chamado a deixar de pensar a tradución como un proxecto abstracto para pasar a considerala “como oportunidade” e apunta que, igual que é necesario apoiar as persoas que escriben ben en galego, é preciso tamén termar daquelas que traducen e da distribución “sistemática e intelixente” das obras vertidas a outros idiomas. “A complexidade da tradución, que é parte da internacionalización da cultura galega, sairÃa gañando cunha directiva e entidade que se achegase ao tema da comunicación transmediatizada nos nosos dÃas. Un organismo dedicado ao libro, á internacionalización das publicacións en galego, serÃa realmente ideal”, abunda con respecto á xestión da estratexia.
Neofalante
ReivindÃcase ademais nestas páxinas como parte da comunidade neofalante e defende esta condición como outra mostra da capacidade do galego de se proxectar mundialmente, e tamén como inspiración para o seu pobo. “Somos espello para que as persoas galegofalantes vexades o que outras persoas adoitamos chamar tesouro”, afirma na pasaxe na que lembra, entre outros, o medievalista David Mackenzie e a escritora norteamericana Anne Marie Morris, que escolleu o galego para debutar como poeta en 1965 con Voz fuxitiva.
Outra escritora angloparlante mencionada no discurso é Annette M. B. Meakin, quen traduciu a RosalÃa ao inglés xa no ano 1909. A viaxeira narrou once anos despois na prensa británica o ingreso de Cabanillas na RAG, celebrado no Balneario de Mondariz, naquela altura un auténtico centro de promoción e mecenado da cultura galega da man do seu xerente, Enrique Peinador. Pasada a pandemia, a Real Academia Galega, o Concello de Mondariz-Balneario e a Fundación Mondariz quixeron lembrar a histórica sesión enmarcando o ingreso da investigadora estadounidense nunha xornada conmemorativa que concluÃu cun concerto de Amancio Prada.
De Manoel Antonio á anovada lectura de RosalÃa de Castro
Kathleen March remata o texto de entrada na Academia cun diagnóstico esperanzador sobre o presente e o futuro das letras galegas. “De case non respirar co peso dun status periférico, o campo literario galego xa vai imparábel cara á internacionalización e irá máis alá aÃnda”, expresa no discurso cuxo tÃtulo fai referencia ao manifesto Máis alá (1922), no que Manoel Antonio (canda Ãlvaro Cebreiro) “deu folgos e horizontes amplos á literatura posterior” coa arela de dotala dun estilo internacional dende o idioma propio.
O poeta rianxeiro foi o primeiro autor galego co que March bateu. Aconteceu a finais dos anos 70, cando era aÃnda unha estudante de doutoramento. Con formación en sociolingüÃstica e bilingüismo, visitara Galicia por primeira vez en 1975 e regresou en 1978, nun tempo de mudanzas para a lingua e de “estourar cultural público” tras a restauración democrática. O achado produciuse nun piso da rúa da Rosa de Santiago de Compostela cheo de libros, onde os volumes en lingua galega tiñan andel de seu. “Xa pasou un século, mais o manifesto de Manoel Antonio non deixa de ser referente no dÃa de hoxe como afirmación da nova vida para a literatura galega, afirmación de compromiso coa lingua, a cultura, a identidade polÃtica da Galiza”, valora.
No mesmo piso compostelán Kathleen March descubrirÃa as Obras completas de RosalÃa de Castro, outro feliz encontro que marcarÃa a súa traxectoria, orientada primeiro cara á literatura latinoamericana e co tempo cada vez máis centrada na galega. “Foi RosalÃa, co seu compromiso feminista, quen me decidiu o futuro”, confesa. Visto do outro lado, ela mesma marcou tamén o futuro dos estudos rosalianos. “Kathleen March, coa súa ollada experta non sometida ao peso constrinxente da tradición, ensinounos a ler a RosalÃa dun xeito diferente”, enxalza a académica Rosario Ãlvarez na resposta que lle deu en nome da Real Academia Galega.
AÃnda que a autora fundacional das letras galegas contemporáneas non presentara como manifesto ningún dos seus escritos, a estudosa americana non dubidou en sinalar como tales algúns deles. As achegas que presentou no congreso RosalÃa de Castro e o seu tempo (1985) contribuirÃan de forma decisiva á internacionalización da escritora e á superación da visión romántica e rexional da súa obra, a favor dunha nova interpretación que fixo visible o carácter pioneiro do discurso rosaliano dende a perspectiva de xénero.
“Coa descuberta dos manifestos feministas Lieders e Las literatas, a modernidade e o papel que RosalÃa merecÃa ocupar na Weltliteratur ficaron moi evidentes. Que os manifestos non levasen tÃtulo de selo, como farÃa Máis alá, non viña ao caso. Que a crÃtica non lese aÃnda o limiar de La hija del mar tamén como manifesto a prol da muller e, máis aÃnda, da muller escritora, non tiña importancia, porque a ollada internacional empurrada polo congreso vÃa xa o que significaba a imaxe rosaliana das mulleres que pedÃan migallas no banquete dos que exercÃan o poder”, comparte March.
Traducir e ir máis alá
O discurso prosegue cunha análise da tradución como ferramenta necesaria para gañar públicos para a literatura galega alén de Galicia e, asemade, para enriquecela. “Traducir non é só un acto lingüÃstico, é tamén un acto intercultural que favorece as relacións internacionais porque comunica os valores de cada cultura e lingua nas que xorde unha obra. Crea aperturas e oportunidades en lugar de seguir unha literatura nacional na autocontemplación, que poderÃa ser narcisista. O novo público vai ofrecer novas interpretacións, facer novas preguntas, esixir aclaracións”, detalla.
Mais traducir -continúa- non consiste unicamente en levar unha obra dunha lingua a outra, implica tamén levala a outros formatos. Kathleen March avoga asà por trasladar, por exemplo, un poema á linguaxe da danza ou do audiovisual, ou unha narración a un cadro, un filme, un podcast, unha canción: “Estes exemplos de multimedia, xa completamente asumidos na sociedade contemporánea, son tamén traducións, e por seren transferencias dun medio a outro, son elementos de transmedia. Cómpre entendermos o desexo contemporáneo de reconfigurar o que realmente significa o acto de traducir, de pasar dun artefacto orixinal a outro, ou sexa, de traducilo dun formato ou plataforma a outros. Non pode haber conversa sobre traducir e internacionalizar a literatura sen termos en conta a tecnoloxÃa, a plataforma, coa que se vai presentar a literatura ao mundo”.
A académica defende nesta liña o incremento da oferta de audiolibros galegos, unha forma de multimodalidade e texto representado que conecta coa tradición oral da literatura de noso; ou de paratextos en liña para libros en papel a través de códigos QR. Ambas as fórmulas foron ata o momento exploradas por un número moi reducido de autoras e autores como Yolanda Castaño, MarÃa Reimóndez, Marta Dacosta, Sara Villar, Nee Barros, Jorge R. Durán, Miriam Reyes, Ãnxela Lema ou RosalÃa Fernández Rial, lembra.
Mención especial merece na súa exposición o teatro, apenas traducido agás ao castelán. Convencida de que este pode constituÃr, como a danza, unha forma de expresión “fantástica” para proxectar no exterior a cultura galega, este outono encetará un proxecto que facilitará o acceso de compañÃas e actores anglofalantes a obras de Ãlvaro Cunqueiro, Castelao, LuÃsa Villalta, Roberto Vidal Bolaño, Marica Campo e Marga Doval. “Se pasa da media ducia de obras, vai depender do interese das institucións e da visibilidade e dispoñibilidade das traducións”, advirte.
Co mesmo propósito de facilitar o acceso a tÃtulos galegos noutros idiomas, Kathleen March é a inspiradora e coordinadora cientÃfica do proxecto Seara que ampara o Consello da Cultura Galega, unha plataforma en liña para textos literarios galegos en inglés que abranguerá dende RosalÃa e Pimentel a contemporáneos como Claudio RodrÃguez Fer ou Emma Pedreira. “Os textos traducidos irán co orixinal. Se se chega a ter gravacións, que serÃa o ideal, teremos un exemplo perfecto de tradución intersemiótica xunto coa multimodalidade que é a versión oral”.
Novos vieiros que, insiste, non implican deixar atrás o papel. “Ninguén está a falar de suprimir o fermoso libro-obxecto-fetiche-figa, senón de abrÃrmonos ás tamén fermosas posibilidades das novas tecnoloxÃas. Mentres amemos ler literatura, teremos que aproveitar o acceso que nos dá a ela a tecnoloxÃa”, conclúe.