Notas de prensa

As universidades galegas organizan un acto de recoñecemento ao alumnado coas mellores notas obtidas nas probas de acceso á universidade, ABAU

As tres universidades públicas galegas, Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo, organizan conxuntamente un acto de recoñecemento ao estudantado coas mellores notas obtidas nas probas de acceso á universidade, ABAU, que terán lugar os vindeiros días 6, 7 e 8 de xuño.

Será no Multiusos Fontes do Sar, de Santiago, onde se celebrará o acto de recoñecemento ao estudantado cos mellores expedientes das probas de acceso á universidade, ABAU, o día 22 de xuño.

A vicerreitora de Estudantes, Participación e Empregabilidade, María José Lombardía, asistirá aos actos de recoñecemento ao alumnado cos mellores expedientes.

Un total de 12.788 alumnos se presentarán este ano ás probas de acceso á universidade, dos que 3.475 realizaránnas nos centros da Universidade da Coruña: ETS de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos, Facultade de Informática, Facultade de Dereito, Facultade de Economía e Empresa, EU de Arquitectura Técnica, Facultade de Filoloxía, Escola Politécnica de Enxeñaría e Facultade de Humanidades e Documentación.

Universidade da Coruña (UDC), 2023-05-31

Actualidad

Foto del resto de noticias (20240510-xunta.JPG) Tivo lugar unha xornada de debate organizada pola Fundación Galicia Europa (FGE) no marco da celebración do Día de Europa co obxectivo de abordar coa mocidade universitaria o estado actual do proxecto de construción europea. No evento colaboraron a asociación xuvenil Equipo Europa e a asociación de debate universitario Retórica da Universidade de Vigo. No evento tratouse o impacto da Unión Europea e das eleccións ao Parlamento Europeo do próximo xuño. A fundación ten en marcha unha campaña en redes sociais para informar á cidadanía galega sobre o traballo das institucións da UE e sobre o seu impacto en Galicia. En liña co seu compromiso con achegar a Unión á xuventude, patente na iniciativa EuroXuventude, a campaña estará principalmente destinada á mocidade.
Foto de la tercera plana (outras-historias-posibles.jpg) A Cidade da Cultura de Galicia reivindica na exposición 'Outras historias posibles' a obra de seis artistas contemporáneas vinculadas a Galicia que despuntaron nos anos 80 do pasado século. A mostra, que abrirá a súas portas no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura a finais deste mes de maio, reúne unha ampla escolma dos traballos de Ana García Pan, Emilia Guimeráns, Anne Heyvaert, Tusi Sandoval, Blanca Silva e Laura Terré co obxectivo de celebrar o seu talento e contextualizar a súa obra, atendendo tanto ás influencias do contexto histórico como aos eventos da vida privada que determinaron o seu devir artístico.

Notas

Representantes dunha trintena de universidades españolas déronse cita en Vigo para avanzar na protección dos dereitos e no compromiso coa diversidade cultural, sexual e de xénero. Fixérono no cuarto encontro da Red de Universidades pola Diversidade, o órgano de representación das universidades españolas en diversidade sexual e de xénero (orientación sexual, diversidade corporal, afectiva, identidade de xénero e expresión de xénero) e diversidade por procedencia, cultura, crenza e afíns.
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega aprobou o nomeamento de Joseba Sarrionandia, escritor vasco, como Escritor Galego Universal en 2024, desde o profundo respecto e afecto á súa persoa e a valoración da altísima calidade da súa obra, así como por defender a lingua, a cultura e a dignidade nacional de Euskadi. Joseba Sarrionandía (Bizkaia, 1958), formou parte nos anos oitenta da banda literaria Pott, xunto con Bernardo Atxaga, Jon Juaristi e Ruper Ordorika.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES