Noticias

A aceleradora Business Factory Aero lanza a súa quinta edición para captar proxectos do sector aeroespacial

A Business Factory Aero (BFAero), programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas especializado no sector aeroespacial e no segmento dos vehículos non tripulados da Xunta de Galicia, abre hoxe oficialmente o prazo de inscrición na súa quinta edición. A Administración autonómica reforza así a súa aposta pola retención e captación de talento innovador na busca de propostas de alto impacto para o ecosistema aeroespacial e para a sociedade.

Desde hoxe ás 12:00 horas e ata o 19 de xullo ás 14:00 horas, emprendedores e emprendedoras, startups e empresas cunha idea innovadora centrada no sector aeroespacial e nos vehículos non tripulados poden presentar a súa candidatura a través da web www.bfaero.eu, onde tamén se poden consultar as bases da convocatoria.

A quinta edición da BFAero, na que se apoirán 11 proxectos, está dirixida a propostas de emprendemento no sector aeroespacial que se beneficiarán dun completo programa de apoio que contempla a mentoría por empresas e profesionais do sector, destacando a implicación das empresas Airbus, Avincis e Telespazio, formación especializada, acceso a infraestruturas, incorporación ao ecosistema do Polo Aeroespacial de Galicia, do que forman parte máis de 80 axentes; espazo para que as empresas desenvolvan a súa actividade, apoio económico e acceso a investidores.

Os emprendedores contan con tres itinerarios aos que presentar a súa candidatura en función da súa maduración da idea e da empresa. Deste modo, o itinerario de incubación, no que se seleccionarán tres proxectos, ten unha duración de 12 meses e está dirixido a empresas sen constituír o de recente creación (ata cinco anos); o de aceleración, con 8 meses de duración e no que se escollerán cinco propostas, en pemes do sector aeroespacial e dos sistemas non tripulados que xa estean no mercado, cun modelo validado e que precisen crecer; e, finalmente, o itinerario de consolidación, que se estenderá durante 6 meses e que acollerá a tres proxectos, está enfocado a empresas cunha antigüidade máxima de 7 anos, con produtos e servizos no mercado e un alto potencial de crecemento, co obxectivo de que capten financiamento e avancen na súa internacionalización.

Os proxectos seleccionados na BFAero disporán do apoio económico da Xunta de Galicia. En concreto, no programa de incubación accederán a axudas por parte da Axencia Galega de Innovación de 40.000€. No caso dos proxectos de aceleración, poderán acceder a apoios de ata 60.000€ da Axencia Galega de Innovación e a préstamos participativos ou capital risco de ata 50.000€ de XesGalicia e, nos de consolidación, 30.000€ de axudas e ata 250.000 de financiamento de XesGalicia. Ademais, todos os proxectos poderán facer uso das infraestruturas e servizos singulares do ecosistema de Galicia a través dun bono por valor de 10.000€.

A BFAero, en colaboración coa Fundación CEL Iniciativas por Lugo, forma parte do mapa de aceleradoras de carácter innovador activado pola Xunta de Galicia nos últimos anos que inclúe as business factories de alimentación (BFFood), automoción (BFAuto) e saúde (BFMedicines), entre outras.

R., 2023-05-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (medio-ambiente.jpg) Os apoios, que poden chegar aos 3 millóns de euros por proxecto, son de ata o 45% do investimento subvencionable no caso dos proxectos de grandes empresas, mentres que no caso das pemes serán do 45% ou do 55% en función da porcentaxe de redución de emisións xustificada. Con estas axudas que xestiona o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) búscase incentivar a transformación ecolóxica da actividade industrial de cara a unha economía baixa en carbono e a súa competitividade nun mercado global, diminuíndo o consumo de enerxía e promovendo a introdución da mellor tecnoloxía dispoñible. Ao mesmo tempo, estas axudas que se enmarcan na Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía 2050 e na Axenda Enerxética de Galicia 2030 contribúen a reactivar e dinamizar a economía da provincia tras o peche das centrais térmicas.
Foto de la tercera plana (doazons.jpg) A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.

Notas

Achegar á cidadanía o traballo do persoal investigador da Universidade e os beneficios dos seus estudos para o avance da sociedade, así como contribuír ao fomento de vocacións científicas. Estes son os obxectivos da expo-feira A ciencia que vén, que a UVigo organizará por primeira vez en Pontevedra o 31 de maio. A praza da Ferraría acollerá 14 carpas nas que grupos de investigación ofrecerán unha serie de obradoiros e actividades, dirixidas a un público familiar, que permitirán achegarse dun xeito lúdico e divertido ás aplicacións dos seus traballos en múltiples ámbitos.
A UDC inaugurou na Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas, o Congreso Internacional Emerging Trends in Applied Mathematics and Mechanics 2024. No programa figuran charlas de temas de especial interese e máxima actualidade como o derretemento das capas de xeo, que aborda un dos problemas ambientais máis críticos do noso tempo, vital para prever e mitigar os impactos do cambio climático.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES