Noticias

O programa de Coidados Porta a Porta atendeu a 35.000 maiores en toda Galicia durante o último ano

Este programa levou atención sociosanitaria gratuíta en podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria a máis de 35.000 persoas maiores de toda Galicia durante o último ano. O horario de atención deste servizo é de nove da mañá a oito da tarde e as persoas usuarias soamente teñen que pedir cita previa nalgún dos teléfonos habilitados ou ben por correo electrónico.

A Xunta de Galicia levou atención sociosanitaria gratuíta en podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria a máis de 35.000 persoas maiores de toda Galicia durante o último ano a través do programa de Coidados porta a porta. Así o indicou a conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, que esta mañá visitou a unidade móbil desta iniciativa, que desde o pasado xoves e ata mañá martes atende aos veciños deste municipio coruñés.

Esta é a segunda parada en Ribeira do Coidados porta a porta, despois que na primeira atendera a 50 maiores. A conselleira, que estivo acompañada do alcalde, Manuel Ruiz, adiantou que este servizo regresará o vindeiro mes de setembro a esta localidade para seguir atendendo aos veciños que o necesiten. O horario de atención deste servizo é de nove da mañá a oito da tarde e as persoas usuarias soamente teñen que pedir cita previa nalgún dos teléfonos habilitados —622 748 283 ou 623 546 922—, ou ben no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xuntal.gal.

Fabiola García destacou o fortalecemento dos servizos sociais en toda a Comunidade e tamén no Barbanza. Neste sentido, apuntou que se reforzou en todos os concellos o Servizo de Axuda no Fogar (SAF), co que 27.000 galegos reciben coidados nos seus fogares. Ademais, referiuse ao fomento das aulas do maior, como a que a Xunta impulsou en Ribeira, así como á construción e renovación de infraestruturas, como é o caso da futura residencia pública do Barbanza —que se emprazará en Ribeira e estará adaptada ao novo modelo de coidados— ou a reforma completa da residencia da Xunta na Pobra do Caramiñal.

Apoio ás familias

Así mesmo. sinalou a mellora dos servizos de atención á infancia e de apoio ás familias. Ao respecto, referiuse á creación do Punto de Encontro Familiar (PEF) no Barbanza, así como á implantación da gratuidade en todas as escolas infantís para o 100 % do alumnado, cun investimento de 55 millóns de euros de fondos propios da Xunta.

R., 2023-02-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (al-majisti-festival.jpg) O festival Al–Majisti' vaise desenvolver os vindeiros 17,18 e 19 de maio neste concello da alta montaña galega. Trátase dun certame literario no rural de Galicia que propón un diálogo entre literatura, astronomía e música, con afán de converterse nunha das citas culturais máis importantes da provincia. O nome 'Al–Majisti' é o topónimo árabe traducido como 'o máis grande, o grande tratado' e empregado polos astrónomos ata a Alta Idade Media, incluídos os navegantes dos descubrimentos; por iso o festival ten a súa partida en dúas grandes estrelas da cultura astronómica, Claudio Ptolomeo e Afonso X O Sabio.
Foto de la tercera plana (20240509-uvigo.jpg) Catro traballos que versan sobre a liberdade vixiada, a crise dos pellets, a ocupación de vivendas e a intelixencia artificial foron galardoados este xoves co III Premio Xurídico de Investigación en lingua galega Xosé Luís Franco. Os catro gañadores, dúas estudantes da Universidade de Vigo, un de Santiago de Compostela e outra da Coruña, déronse a coñecer este xoves na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, impulsora destes premios, no transcurso dun acto co gallo do Día das Letras Galegas.

Notas

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega aprobou o nomeamento de Joseba Sarrionandia, escritor vasco, como Escritor Galego Universal en 2024, desde o profundo respecto e afecto á súa persoa e a valoración da altísima calidade da súa obra, así como por defender a lingua, a cultura e a dignidade nacional de Euskadi. Joseba Sarrionandía (Bizkaia, 1958), formou parte nos anos oitenta da banda literaria Pott, xunto con Bernardo Atxaga, Jon Juaristi e Ruper Ordorika.
Galiciencia, a maior feira científica que se celebra na nosa comunidade, estase a desenvolver ata o venres no Parque Tecnolóxico de Galicia, baixo o lema 'Mellor, de Madeira'. A finalidade desta proposta é espertar as vocacións científicas entre o alumnado de Primaria, Secundaria, Educación Especial, FP e Bacharelato.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES