Noticias

Galicia gañou preto de 2.000 habitantes no ano 2022 grazas ao saldo migratorio

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, respondeu esta mañá a una interpelación no Parlamento galego sobre as medidas impulsadas pola Xunta para facer fronte ao reto demográfico. Durante a súa intervención lembrou que Galicia gañou preto de 2000 habitantes no primeiro semestre do ano 2022, segundo datos do Instituto Nacional de Estatística, grazas ao saldo migratorio. Fabiola García sinalou que Galicia converteuse nunha Comunidade de referencia en materia de demografía gracias á aprobación no ano 2021 da primeira Lei de Impulso Demográfico de toda España. Unha normativa que, apuntou, permitiu blindar as medidas impulsadas para facer fronte á perda de poboación desde a transversalidade.

Así, a conselleira destacou que nesta normativa contémplanse medidas para crear máis servizos no rural, para fomentar o retorno dos galegos na diáspora, para garantir o dereito das persoas maiores a decidir onde vivir esta etapa das súas vidas, para darlle á mocidade máis oportunidades e tamén para mellorar a conciliación das familias.

Axudas ás familias

Neste sentido, puxo en valor o impulso de medidas como a Tarxeta Benvida, que ofrece un apoio económico para asumir os gastos básicos polo nacemento dun bebé e que leva beneficiado a 92.500 galegos desde o ano 2016; do Bono Coidado, que permite a contratación dun servizo extraordinario de conciliación como pode ser un campamento de verán e que no pasado ano chegou a 4.900 fogares; ou da gratuidade de todas as escolas infantís para todos os fillos.

Con respecto a esta última actuación, a conselleira sinalou que Galicia é a única comunidade que conta cunha medida destas características, que beneficia a todos os nenos, vaian ao centro que vaian, durante oito horas ao día e once meses ao ano. Máis de 31.000 familias non pagan nada por levar os seus nenos a un destes centros para o que a Xunta destina un orzamento de 55 millóns de euros ao ano.

Financiamento autonómico

Fabiola García afirmou que o reto demográfico é unha situación complexa —plural nas súas causas e consecuencias—, que afecta a todas as sociedades occidentais e que debe abordarse desde o consenso, a unanimidade e a colaboración institucional. Por este mesmo motivo, lembrou, oito presidentes autonómicos de distinta cor política reclamaron no ano 2021 en Santiago a implicación do Goberno central para un financiamento autonómico xusto, que atenda á dispersión e a realidade de cada territorio, e que teña en conta a aquelas zonas de especial perigo fronte ao reto demográfico.

R., 2023-02-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (medio-ambiente.jpg) Os apoios, que poden chegar aos 3 millóns de euros por proxecto, son de ata o 45% do investimento subvencionable no caso dos proxectos de grandes empresas, mentres que no caso das pemes serán do 45% ou do 55% en función da porcentaxe de redución de emisións xustificada. Con estas axudas que xestiona o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) búscase incentivar a transformación ecolóxica da actividade industrial de cara a unha economía baixa en carbono e a súa competitividade nun mercado global, diminuíndo o consumo de enerxía e promovendo a introdución da mellor tecnoloxía dispoñible. Ao mesmo tempo, estas axudas que se enmarcan na Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía 2050 e na Axenda Enerxética de Galicia 2030 contribúen a reactivar e dinamizar a economía da provincia tras o peche das centrais térmicas.
Foto de la tercera plana (doazons.jpg) A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.

Notas

Achegar á cidadanía o traballo do persoal investigador da Universidade e os beneficios dos seus estudos para o avance da sociedade, así como contribuír ao fomento de vocacións científicas. Estes son os obxectivos da expo-feira A ciencia que vén, que a UVigo organizará por primeira vez en Pontevedra o 31 de maio. A praza da Ferraría acollerá 14 carpas nas que grupos de investigación ofrecerán unha serie de obradoiros e actividades, dirixidas a un público familiar, que permitirán achegarse dun xeito lúdico e divertido ás aplicacións dos seus traballos en múltiples ámbitos.
A UDC inaugurou na Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas, o Congreso Internacional Emerging Trends in Applied Mathematics and Mechanics 2024. No programa figuran charlas de temas de especial interese e máxima actualidade como o derretemento das capas de xeo, que aborda un dos problemas ambientais máis críticos do noso tempo, vital para prever e mitigar os impactos do cambio climático.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES