Noticias

Galicia participa nunha xornada de intercambio de experiencias no marco da misión de adaptación ao cambio climático da Unión Europea

Galicia participou esta semana na Launch of Community of Practice: Charter signatories, projects and Mission Board members, unha xornada de intercambio de experiencias celebrada en Bruxelas no marco da Misión de Adaptación ao Cambio Climático da Unión Europea. Neste encontro, a delegación galega compartiu proxectos e experiencias innovadoras con representantes de diferentes rexións europeas no obxectivo común de avanzar cara a resiliencia climática para 2030 e impulsar os esforzos de adaptación a través da participación da cidadanía no proceso de toma de decisións e do estímulo de investimentos públicos e privados.

Cómpre lembrar que Galicia foi seleccionada en setembro de 2022 para asinar a Carta da Misión de Adaptación, unha oportunidade de manter a posición de vangarda da Comunidade na loita contra o cambio climático.

De feito, o compromiso da Xunta cunha comunidade climaticamente neutra, verde e resiliente xa se plasmou coa aprobación da Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía 2050 e refórzase coa futura Lei do Clima de Galicia, cuxa remisión ao Parlamento está prevista para este ano 2023.

R., 2023-01-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (al-majisti-festival.jpg) O festival Al–Majisti' vaise desenvolver os vindeiros 17,18 e 19 de maio neste concello da alta montaña galega. Trátase dun certame literario no rural de Galicia que propón un diálogo entre literatura, astronomía e música, con afán de converterse nunha das citas culturais máis importantes da provincia. O nome 'Al–Majisti' é o topónimo árabe traducido como 'o máis grande, o grande tratado' e empregado polos astrónomos ata a Alta Idade Media, incluídos os navegantes dos descubrimentos; por iso o festival ten a súa partida en dúas grandes estrelas da cultura astronómica, Claudio Ptolomeo e Afonso X O Sabio.
Foto de la tercera plana (20240509-uvigo.jpg) Catro traballos que versan sobre a liberdade vixiada, a crise dos pellets, a ocupación de vivendas e a intelixencia artificial foron galardoados este xoves co III Premio Xurídico de Investigación en lingua galega Xosé Luís Franco. Os catro gañadores, dúas estudantes da Universidade de Vigo, un de Santiago de Compostela e outra da Coruña, déronse a coñecer este xoves na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, impulsora destes premios, no transcurso dun acto co gallo do Día das Letras Galegas.

Notas

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega aprobou o nomeamento de Joseba Sarrionandia, escritor vasco, como Escritor Galego Universal en 2024, desde o profundo respecto e afecto á súa persoa e a valoración da altísima calidade da súa obra, así como por defender a lingua, a cultura e a dignidade nacional de Euskadi. Joseba Sarrionandía (Bizkaia, 1958), formou parte nos anos oitenta da banda literaria Pott, xunto con Bernardo Atxaga, Jon Juaristi e Ruper Ordorika.
Galiciencia, a maior feira científica que se celebra na nosa comunidade, estase a desenvolver ata o venres no Parque Tecnolóxico de Galicia, baixo o lema 'Mellor, de Madeira'. A finalidade desta proposta é espertar as vocacións científicas entre o alumnado de Primaria, Secundaria, Educación Especial, FP e Bacharelato.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES