O cuarto taller do ciclo HumanIA UDC tratará a cooperación entre perfÃs profesionais diversos para o desenvolvemento da IA
A Sala Cloud do Centro de Investigación en TecnoloxÃas da Información e as Comunicacións (CITIC) acollerá o vindeiro martes un novo taller do ciclo HumanIA UDC, organizado polo Consello Social e a Facultade de Humanidades da UDCe por dito centro. Baixo o tÃtulo 'PerfÃs profesionais: Humanidades e IA', a experta en lingüÃstica, tecnoloxÃa e diversidade, Cristina Aranda, cofundadora de Big Onion e Mujeres Tech, explicará as claves da cooperación entre perfÃs profesionais de cara ao futuro e presente da IA.
Aranda trasladará, de maneira práctica, como abordar as regulacións e os códigos éticos especÃficos que abrangue esta tecnoloxÃa, nos que resulta clave a colaboración de perfÃs diversos en identidade, formación e experiencia.
Éxito de asistencia
Máis de 400 persoas asistiron de maneira presencial aos talleres prácticos HumanIA UDC, nos que se reflexionou sobre aspectos tan relevantes como a regulación da Intelixencia Artificial, o uso no mercado laboral de Chat GPT e outras aplicacións, ou a maneira de impulsar a creatividade con esta nova tecnoloxÃa en profesións artÃsticas ou relacionadas coa comunicación audiovisual, musical e de márketing.
‘HumanIA UDC: O desafÃo para as Humanidades en tempos da Intelixencia ArtificialÂ’, lanzado no pasado mes de setembro, ten como obxectivo mostrar o impacto e a potencia da Intelixencia artificial nos estudos e nos postos de traballo relacionados coas Humanidades.
Universidade da Coruña (UDC), 2024-04-18
Actualidad
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, reuniuse esta mañá cos responsables da AECT Rio Minho para coñecer de primeira man as prioridades e os proxectos que ten en marcha este instrumento de cooperación que abrangue 16 concellos da provincia de Pontevedra e 10 da CIM Alto Minho. Esta é unha primeira visita que o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, continuará co resto de AECTs. Deste xeito, está previsto que se entreviste tamén cos responsables da AECT Chaves-VerÃn, e da futura AECT da Raia Seca.
A Cidade da Cultura volve acoller a colorida e festiva carreira Holi Gaiás, que vai pola súa sexta edición. A proba terá lugar o 8 de xuño nos exteriores do complexo e contará cun percorrido especial para a cativada entre 4 e 9 anos, a Peque Holi. A actividade contará un ano máis coa súa tradicional poeira de cores e con animación previa e posterior á proba, con música e coreografÃas que animarán aos participantes. O obxectivo é gozar coa práctica deportiva nun enclave como é Gaiás, coa súa caracterÃstica arquitectura e co seu gran pulmón verde, o Bosque de Galicia.
Notas
A mostra presentase en paneis explicativos, documentos e material inédito, xunto con exemplares de revistas orixinais. O director mostra, en cinco etapas, a historia de tan senlleira publicación. No ano 1956 a revista pasa a ter a súa sede editorial na cidade de Lugo, parece ser que nun dos chalés das chamadas 'Casas Baratas' e alà permanecerá ate o ano 1962.
A muiñeira, que é tanto unha danza tradicional galega como a composición musical que a acompaña, converteuse no século XIX nun “elemento identitario” de Galicia que acompañou o rexurdir polÃtico e cultural da época, segundo comprobou Julio Alonso Monteagudo nas investigacións que lle permitiron elaborar a súa tese, ‘Música e identidade galega. Do baile da gaita á muiñeira (S. XVII-XIX)Â’.