O impacto da velutina na produción de uva analÃzase por primeira vez nun artigo internacional da UDC
A prestixiosa revista Agriculture, Ecosystems & Environment acaba de publicar un artigo cientÃfico sobre o traballo realizado por investigadoras da UDC sobre o impacto da avespa asiática nos viñedos de Betanzos. O traballo, realizado pola investigadora Yaiza RodrÃguez Lueje baixo a dirección das doutoras MarÃa Amalia Jácome e MarÃa José Servia, abordou por vez primeira a cuantificación real dos danos causados por esta especie invasora en viñedos, asà como ensaios de viabilidade do uso de mallas para protexer as uvas.
Os traballos foron levados a cabo nun viñedo xestionado pola adega Pagos de Brigante, e contou co apoio de todos os produtores da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) e da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
Os resultados destacan o bo rendemento das mallas, que tamén protexen fronte aos danos causados por paxaros, mais alerta das posibles alteracións na maduración das uvas e da afección por fungos nunha das variedades estudadas. Ademais, aÃnda que este sistema se revela como unha boa alternativa de protección, o traballo salienta as dificultades ás que se enfrontan os pequenos viticultores de zonas de producións históricas como a de Betanzos, que van desde a incerteza no retorno económico da inversión ou o aumento nas dificultades de manipulación das vides. Por isto, no artigo advÃrtese que esta especie invasora poderÃa levar ao abandono da produción a pequenos viticultores, que non contan aÃnda con sistemas eficaces para protexer as súas colleitas.
Universidade da Coruña (UDC), 2024-03-25
Actualidad
A Formación Profesional galega contará a partir do vindeiro curso co dobre de inglés do marcado como mÃnimo na normativa básica estatal e permitirá ao alumnado realizar ata 700 horas de formación práctica, ata un 82% máis que ata o momento. Todo isto mantendo o peso da formación no centro educativo, cuxo profesorado é o piar fundamental do éxito acadado polo sistema galego de FP nos últimos anos. O modelo de FP de éxito tense adiantado e implementado moitos dos cambios que agora o Ministerio toma como sistema a imitar en toda España. Polo tanto a aplicación da nova lei vai ser flexible, de tal forma que en Galicia se manteña a excelencia e se incorporen as novidades.
Foi presentado o evento The Way Startup Summit 2024, que un ano máis convertirá a Vigo no maior foro de emprendemento, innovación e investimento no Noroeste de España e cita de referencia a nivel nacional. O programa de They Way contempla tres grandes escenarios ao redor da innovación, o emprendemento e o investimento, asà como a organización de espazos de networking entre os asistentes, co obxectivo de que establezan contactos, intercambien coñecementos e propÃciense sinerxias entre eles. The Way desenvolverase os dÃas 9 e 10 de maio abordando temas como os retos de futuro das FinTech, da mobilidade, da alimentación, do retail, do turismo, do deporte ou do téxtil, entre outras áreas.
Notas
Desde maio de 2022, un equipo internacional liderado polo fÃsico da UVigo Juan Antonio Añel desenvolve un proxecto financiado polo Instituto Internacional de Ciencias Espaciais sobre os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. Esta semana, o equipo celebra na sede do ISSI, na cidade suÃza de Berna, a súa segunda xuntanza, na que avalÃan os avances no seu traballo.
O grupo de investigación sobre CriminoloxÃa, PsicoloxÃa XurÃdica e Xustiza Penal no século XXI da UDC organiza o seminario internacional 'Trafficking in Cultural Property: A Criminological Perspective', un encontro que terá lugar o próximo 30 de abril no salón de graos da Facultade de Dereito da Coruña. Trátase dunha actividade enmarcada dentro do proxecto 'Horizon Europe RITHMS' (Research, Intelligence and Technology for Heritage and Market Security).