Notas de prensa

Conferencia sobre 'A MASONERÃA EN GALICIA', por Alberto Valín Fernández, en Lugo

Valín Libros e a Concellería de Cultura, Turismo e Promocion da Lingua do Cocnello organizan unha conferencia co título de 'A MASONERÃA EN GALICIA', por Alberto Valín Fernández. Valín foi Profesor da Facultade de Historia da Universidade de Vigo desde 1991 ata 2020, ademais de selo tamén das Universidades da Coruña e de Santiago de Compostela. Así mesmo, durante vinte e cinco anos foi Profesor asociado e coordinador de investigacións da Université de Franche-Comté (Besançon, Francia).

Obtivo o grao de Licenciatura na Universidade de Zaragoza en 1983 coa cualificación excepcional de Sobresaliente Cum Laude. Máis tarde, na mesma universidade zaragozana, doutórase en Filosofía e Letras (Sección de Historia) coa mesma cualificación.

É autor de máis dun centenar de publicacións nacionais e internacionais (libros, artigos, capítulos de libros, relatorios e comunicacións en congresos de ámbito internacional e nacional, prólogos, coordinador e director de publicacións…). Entre os seus libros cabe destacar: 'La Masonería y La Coruña. Introducción a la historia de la masonería gallega', Vigo (Pontevedra), Edicións Xerais de Galicia, 1984; 'Galicia y la masonería en el sigo XIX', Sada (A Coruña), Ediciós do Castro, 1990, 1991 (2 edicións); 'Laicismo, educación y represión en la España del siglo XX', Sada (A Coruña), Ediciós do Castro, 1993; 'Masonería y revolución, Del mito literario a la realidad histórica', Santa Cruz de Tenerife-Las Palmas de Gran Canaria, 2008 / Marston Gate (Inglaterra, Gran Bretaña), Amazon.co.uk, Ltd., 2013 (3 edicións, tanto en soporte papel como en soporte dixital).

Dirixiu o libro 'A Sociabilidad en la Historia Contemporánea' e o dossier 'Los estudios sobre la historia de la masonería hoy' da revista da Universidade de Salamanca Studia histórica. Historia Contemporánea, vol. 23 (ano 2005). Coordinou varios proxectos de investigación subvencionados pola Xunta de Galicia cun multidisciplinar equipo internacional, dando como froito académico a consecución de varias teses doutorais. As súas liñas de investigación son, entre outras, a Historia Social e das Mentalidades, a Historia da Educación e a Politoloxía. Tamén dirixiu teses como, por exemplo, a Label Européen de Óscar Freán sobre a Historia do Movemento Libertario Gallego e a de Juan Osuna sobre A Guerra de Independencia en Galicia.

Valín Libros, 2023-10-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (al-majisti-festival.jpg) O festival Al–Majisti' vaise desenvolver os vindeiros 17,18 e 19 de maio neste concello da alta montaña galega. Trátase dun certame literario no rural de Galicia que propón un diálogo entre literatura, astronomía e música, con afán de converterse nunha das citas culturais máis importantes da provincia. O nome 'Al–Majisti' é o topónimo árabe traducido como 'o máis grande, o grande tratado' e empregado polos astrónomos ata a Alta Idade Media, incluídos os navegantes dos descubrimentos; por iso o festival ten a súa partida en dúas grandes estrelas da cultura astronómica, Claudio Ptolomeo e Afonso X O Sabio.
Foto de la tercera plana (20240509-uvigo.jpg) Catro traballos que versan sobre a liberdade vixiada, a crise dos pellets, a ocupación de vivendas e a intelixencia artificial foron galardoados este xoves co III Premio Xurídico de Investigación en lingua galega Xosé Luís Franco. Os catro gañadores, dúas estudantes da Universidade de Vigo, un de Santiago de Compostela e outra da Coruña, déronse a coñecer este xoves na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, impulsora destes premios, no transcurso dun acto co gallo do Día das Letras Galegas.

Notas

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega aprobou o nomeamento de Joseba Sarrionandia, escritor vasco, como Escritor Galego Universal en 2024, desde o profundo respecto e afecto á súa persoa e a valoración da altísima calidade da súa obra, así como por defender a lingua, a cultura e a dignidade nacional de Euskadi. Joseba Sarrionandía (Bizkaia, 1958), formou parte nos anos oitenta da banda literaria Pott, xunto con Bernardo Atxaga, Jon Juaristi e Ruper Ordorika.
Galiciencia, a maior feira científica que se celebra na nosa comunidade, estase a desenvolver ata o venres no Parque Tecnolóxico de Galicia, baixo o lema 'Mellor, de Madeira'. A finalidade desta proposta é espertar as vocacións científicas entre o alumnado de Primaria, Secundaria, Educación Especial, FP e Bacharelato.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES