Unha Ponte Coa LusofonÃa. O mellor cinema lusófono volve a Vigo para celebrar a súa terceira edición no Museo MARCO
Este sabado vaise poñer en marcha a terceira edición de 'Unha Ponte coa LusofonÃa', unha programación cinematográfica coa que amosará no Museo MARCO de Vigo curtametraxes e longametraxes de recente produción de Portugal, Brasil, Galicia e Angola. A primeira sesión estará dedicada a Galicia coa exhibición da longametraxe Jacinto, de Javi Camino, e a curtametraxe Na pel da memoria, de Laura e Coral Piñero.
Este sabado 28 de octubro, Abella Producións vai poñer en marcha a terceira edición do proxecto Unha Ponte coa LusofonÃa, unha programación cinematográfica coa que amosará no Museo MARCO de Vigo curtametraxes e longametraxes de recente produción de Portugal, Brasil, Galicia e Angola.
Moitas destas pelÃculas erán exhibidas por primera vez ao publico galego. A primeira sesión estará dedicada a Galicia coa exhibición da longametraxe Jacinto, de Javi Camino, e a curtametraxe Na pel da memoria, de Laura e Coral Piñero.
Este será o primeiro das catro datas programadas para Unha Ponte coa LusofonÃa III, que continuará os dÃas 4 de novembro, 11 de novembro e 18 de novembro. Todos os eventos son gratuÃtos e comezan ás 19:00 h no Museo de Arte Contemporánea de Vigo-MARCO. A mostra conta co apoio da Deputación de Pontevedra e o Centro Cultural Camões de Vigo.
Abella Producións, 2023-10-24
Actualidad
O festival Al–Majisti' vaise desenvolver os vindeiros 17,18 e 19 de maio neste concello da alta montaña galega. Trátase dun certame literario no rural de Galicia que propón un diálogo entre literatura, astronomÃa e música, con afán de converterse nunha das citas culturais máis importantes da provincia. O nome 'Al–Majisti' é o topónimo árabe traducido como 'o máis grande, o grande tratado' e empregado polos astrónomos ata a Alta Idade Media, incluÃdos os navegantes dos descubrimentos; por iso o festival ten a súa partida en dúas grandes estrelas da cultura astronómica, Claudio Ptolomeo e Afonso X O Sabio.
Catro traballos que versan sobre a liberdade vixiada, a crise dos pellets, a ocupación de vivendas e a intelixencia artificial foron galardoados este xoves co III Premio XurÃdico de Investigación en lingua galega Xosé LuÃs Franco. Os catro gañadores, dúas estudantes da Universidade de Vigo, un de Santiago de Compostela e outra da Coruña, déronse a coñecer este xoves na Facultade de Ciencias XurÃdicas e do Traballo, impulsora destes premios, no transcurso dun acto co gallo do DÃa das Letras Galegas.
Notas
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega aprobou o nomeamento de Joseba Sarrionandia, escritor vasco, como Escritor Galego Universal en 2024, desde o profundo respecto e afecto á súa persoa e a valoración da altÃsima calidade da súa obra, asà como por defender a lingua, a cultura e a dignidade nacional de Euskadi. Joseba SarrionandÃa (Bizkaia, 1958), formou parte nos anos oitenta da banda literaria Pott, xunto con Bernardo Atxaga, Jon Juaristi e Ruper Ordorika.
Galiciencia, a maior feira cientÃfica que se celebra na nosa comunidade, estase a desenvolver ata o venres no Parque Tecnolóxico de Galicia, baixo o lema 'Mellor, de Madeira'. A finalidade desta proposta é espertar as vocacións cientÃficas entre o alumnado de Primaria, Secundaria, Educación Especial, FP e Bacharelato.