Notas de prensa

Intersección desvela o palmarés da súa sexta edición

INTERSECCIÓN - Festival Internacional de Cinema da Coruña desvela o palmarés da súa sexta edición. Os gañadores foron anunciados durante a Cerimonia Final celebrada este sábado no Teatro Colón con David Fidalgo como mestre de cerimonias e coa súa Garrido Pombo poñendo o broche musical a unha noite na que se outorgaron máis de 10.000€ en premios.

Ao longo da semana, o público puido gozar de máis de medio centenar de actividades con máis de 150 proxeccións de artistas procedentes de 30 países como Israel, China, Xapón, Estados Unidos, Canadá, Francia, Alemaña, Malaisia ou Arxentina. Os datos de votación do público reflicten o éxito da programación deste ano na que convivían obras que pasaron por festivais internacionais como Cannes, Berlín ou Venecia con outras obras de cineastas menos coñecidos.

Desde a organización destacan o éxito desta edición na que, a falta dunha valoración final, prevese un récord de asistencia. "O público local foise fidelizando ano tras ano sumando novos espectadores en cada edición. Ademais, a presenza de cineastas e profesionais internacionais que nos visitan durante estes días tamén segue aumentando. INTERSECCIÓN supón unha oportunidade única para que os cinéfilos máis inconformistas atópense na Coruña".

PALMARÉS INTERSECCIÓN 2023

Estas foron as obras e cineastas premiadas na sexta edición de INTERSECCIÓN - Festival Internacional de Cinema da Coruña.

SECCIÓN INTERNACIONAL

• PREMIO DO XURADO para Eduardo Williams por “El auge del humano 3”
Premio de 2.000€.
• MENCIÓN ESPECIAL DO XURADO para Irati Gorostidi por “Contadores”.
• PREMIO DO XURADO A MELLOR CURTA ESPAÑOLA para Arturo Franco por “El custodio”. Premio de 1000€ + Candidatura directa para os Premios Goya.
• MENCIÓN ESPECIAL DO XURADO A MELLOR CURTA ESPAÑOLA para Iván Argote por “Levitate”

SECCIÓN GALICIA

• PREMIO DO XURADO para Xacio Baño por "Non te vexo". Premio de 1000€.
• MENCIÓN ESPECIAL DO XURADO para Andrea Zapata por “Ruovesi”.
• MENCIÓN ESPECIAL DO XURADO 2 para Santos Díaz por “Din que non falan”.
• PREMIO CONTEMPORÃNEA para Ariadna Silva por “Friccións”. Premiado coa exposición da obra seleccionada nas galerías da Asociación Contemporánea.

SECCIÓN ESCOLAS

• PREMIO DO XURADO para Arturo Aguilar por “No tocar”. Premio de 350€.

PREMIOS TRANSVERSALES

• PREMIO XURADO NOVO para Enar de Dios por "Ecotone".
• PREMIO DO PÚBLICO (Sección Internacional e Galicia) para Inés García por “Eurydice”.
• PREMIO NUMAX (Sección Galicia) para Xacio Baño por "Non te vexo".
• PREMIO MAV para Andrea Costas por “Materia oscura (2 años)”.

INTERSECCIÓN LAB

• PREMIO INTERSECCIÓN LAB CORTE FINAL para Marina Palacio por “Y así seguirán las cosas”. Premio de 6.000€
• PREMIO SONIDO CINEMAR FILMS para Carlos Casas, "KRAKATOA" . Premio de unha semana de servizos de mestura de son 5.1

Intersección - Festival Internacional de Cinema da Coruña, 2023-10-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (al-majisti-festival.jpg) O festival Al–Majisti' vaise desenvolver os vindeiros 17,18 e 19 de maio neste concello da alta montaña galega. Trátase dun certame literario no rural de Galicia que propón un diálogo entre literatura, astronomía e música, con afán de converterse nunha das citas culturais máis importantes da provincia. O nome 'Al–Majisti' é o topónimo árabe traducido como 'o máis grande, o grande tratado' e empregado polos astrónomos ata a Alta Idade Media, incluídos os navegantes dos descubrimentos; por iso o festival ten a súa partida en dúas grandes estrelas da cultura astronómica, Claudio Ptolomeo e Afonso X O Sabio.
Foto de la tercera plana (20240509-uvigo.jpg) Catro traballos que versan sobre a liberdade vixiada, a crise dos pellets, a ocupación de vivendas e a intelixencia artificial foron galardoados este xoves co III Premio Xurídico de Investigación en lingua galega Xosé Luís Franco. Os catro gañadores, dúas estudantes da Universidade de Vigo, un de Santiago de Compostela e outra da Coruña, déronse a coñecer este xoves na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, impulsora destes premios, no transcurso dun acto co gallo do Día das Letras Galegas.

Notas

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega aprobou o nomeamento de Joseba Sarrionandia, escritor vasco, como Escritor Galego Universal en 2024, desde o profundo respecto e afecto á súa persoa e a valoración da altísima calidade da súa obra, así como por defender a lingua, a cultura e a dignidade nacional de Euskadi. Joseba Sarrionandía (Bizkaia, 1958), formou parte nos anos oitenta da banda literaria Pott, xunto con Bernardo Atxaga, Jon Juaristi e Ruper Ordorika.
Galiciencia, a maior feira científica que se celebra na nosa comunidade, estase a desenvolver ata o venres no Parque Tecnolóxico de Galicia, baixo o lema 'Mellor, de Madeira'. A finalidade desta proposta é espertar as vocacións científicas entre o alumnado de Primaria, Secundaria, Educación Especial, FP e Bacharelato.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES