Notas de prensa

O proxecto eTwinning e as metodoloxías colaborativas melloran a educación e axudan a combater o despoboamento

O proxecto eTwinning, promovido pola Comisión Europea co obxecto de fomentar a colaboración entre centros educativos a través do uso das TIC e a promoción de metodoloxías activas e inclusivas, antóllase como unha ferramenta axeitada para potenciar a investigación e a innovación educativa, segundo subliñou Eduardo José Fuentes Abeledo na apertura das xornadas internacionais Forinnova Lite.

Na súa intervención este docente subliñou que o uso e o aproveitamento das TIC permite ampliar a socialización e, por ende, constitúe unha ferramenta para sortear algunhas das problemáticas que presentan neste plano os centros educativos máis illados, así como aqueles que están en áreas despoboadas.

Acompañado do presidente de Forinnova lite, o tamén profesor da USC Pablo Muñoz Carril, e do vicedecano da Facultade de Formación do Profesorado da USC, Santiago López Gomez, Fuentes Abeledo salientou a fonda pegada que de sempre tivo o centro universitario lugués e a súa contorna na innovación educativa. As experiencias de novas metodoloxías educativas inspiradas nos postulados da Institución Libre de Ensinanza implantadas na segunda metade do século pasado no Colexio Fingoi de Lugo ou mesmo a Granxa Barreiros dan conta do espírito innovador que agromou da Facultade de Formación do Profesorado da USC, que deu continuidade no tempo a este labor coa publicación de traballos e mesmo de guías didácticas sobre o parque Rosalía de Castro e, máis recentemente, coa implantación do mestrado en Dirección de Actividades Educativas na Natureza, a iniciativa de Uxío Otero Urtaza.

As verbas de Fuentes Abeledo na apertura de Forinnova lite están totalmente aliñadas cos obxectivos e coa temática das sesións incluídas no programa dunhas xornadas promovidas desde o centro universitario lugués xunto cos grupos de investigación MESTURA e GEFIL da USC. De feito, o cometido que pretende Forinnova lite é o de mellorar e ampliar competencias a través do coñecemento dos proxectos socioeducativos eTwinning baseados en metodoloxías activas, inclusivas e colaborativas, dixo Muñoz Carril, ao tempo que manifestou o seu agradecemento a todas as entidades colaboradoras, así como ao numeroso público presente no salón de actos do centro.

Concibido como un espazo para a creación de ideas, o establecemento de sinerxías, o intercambio construtivo de opinións, ademais de para adquirir, mellorar e/ou ampliar competencias, o programa de Forinnova lite comezou cun panel de expertos, coordinado por Isabel Dans Ãlvarez de Sotomayor, no marco do que se abordaron proxectos eTwwining desde unha óptica colaborativa, inclusiva e innovadora. De seguido, Iris Estévez, do grupo Esculca, guiou unha palestra de presentación de iniciativas de boas prácticas docentes con profesorado español e portugués de diferentes niveis educativos, así como un obradoiro para o deseño de proxectos colaborativos internacionais eTwinning. O programa de Forinnova lite continou en quenda de tarde coa celebración de obradoiros para o deseño de proxectos eTwinning por equipos, que logo puxeron en común as súas respectivas achegas.

A organización deste evento conta co apoio organizativo de diversas institucións colaboradoras nacionais e internacionais: UNA (Universidad Nacional de Costa Rica) e a Escola de Educaçao Superior Paula Frassinetti de Oporto (Portugal). Igualmente, o evento conta con importantes institucións como o Forum Europeo de Administradores da Educación (FEAE), a Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED-Lugo), Instituto de Ciencias da Educación (ICE), Algar, IES Poeta Díaz Castro, Concello de Lugo e o servizo Nacional de Etwinnig España.

Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2023-10-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (medio-ambiente.jpg) Os apoios, que poden chegar aos 3 millóns de euros por proxecto, son de ata o 45% do investimento subvencionable no caso dos proxectos de grandes empresas, mentres que no caso das pemes serán do 45% ou do 55% en función da porcentaxe de redución de emisións xustificada. Con estas axudas que xestiona o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) búscase incentivar a transformación ecolóxica da actividade industrial de cara a unha economía baixa en carbono e a súa competitividade nun mercado global, diminuíndo o consumo de enerxía e promovendo a introdución da mellor tecnoloxía dispoñible. Ao mesmo tempo, estas axudas que se enmarcan na Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía 2050 e na Axenda Enerxética de Galicia 2030 contribúen a reactivar e dinamizar a economía da provincia tras o peche das centrais térmicas.
Foto de la tercera plana (doazons.jpg) A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.

Notas

Achegar á cidadanía o traballo do persoal investigador da Universidade e os beneficios dos seus estudos para o avance da sociedade, así como contribuír ao fomento de vocacións científicas. Estes son os obxectivos da expo-feira A ciencia que vén, que a UVigo organizará por primeira vez en Pontevedra o 31 de maio. A praza da Ferraría acollerá 14 carpas nas que grupos de investigación ofrecerán unha serie de obradoiros e actividades, dirixidas a un público familiar, que permitirán achegarse dun xeito lúdico e divertido ás aplicacións dos seus traballos en múltiples ámbitos.
A UDC inaugurou na Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas, o Congreso Internacional Emerging Trends in Applied Mathematics and Mechanics 2024. No programa figuran charlas de temas de especial interese e máxima actualidade como o derretemento das capas de xeo, que aborda un dos problemas ambientais máis críticos do noso tempo, vital para prever e mitigar os impactos do cambio climático.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES