Notas de prensa

Exposición pictórica das irmás Concetta e Luisa Paz Montenegro na Deputación Provincial de Lugo

Comezando a campaña (Re)Coñecer, promovida pola Rede Museística provincial de Lugo, está aberta na sala de exposicións da Deputación de Lugo a mostra de dúas coñecidas artistas lucenses, Concetta e Luisa Paz Montenegro. Na inauguración da mostra participaron a Deputada de Cultura, Iria Castro; a directora do Museo provincial, Aurelia Balseiro, e a Xerente da Rede, Encaarna Lago.

Coa campaña, segundo indicou Encarna Lago, preténdese loitar contra o edadismo e reivindicar o especial coñecemento que se adquire co paso do tempo e da vida, do que son exemplo estas dúas mulleres, experimentadas e vivas, que demostran que a mocidade é posible en calquera idade se a ilusión e o entusiasmo seguen vivos

Exemplo perfecto son as dúas irmás, que vencelladas á pintura desde moi novas, despois da xubilación incidiron nela de xeito especial. Concetta, despois da xubilación como mestra, desenvolve unha especial actividade en pintura e escritura, e Luisa - trala súa xubilación nun laboratorio de análise e sufrir un ictus - tivo que volver a aprender a falar e pintar coa man esquerda, comezando a pintar un mes despois do seu infarto cerebral.
Completa a exposición un conxunto de traballos en plumilla de seu pai, falecido hai anos, o vilalbés Jesús Paz Cabo

X.X., 2023-08-31

Actualidad

Foto del resto de noticias (al-majisti-festival.jpg) O festival Al–Majisti' vaise desenvolver os vindeiros 17,18 e 19 de maio neste concello da alta montaña galega. Trátase dun certame literario no rural de Galicia que propón un diálogo entre literatura, astronomía e música, con afán de converterse nunha das citas culturais máis importantes da provincia. O nome 'Al–Majisti' é o topónimo árabe traducido como 'o máis grande, o grande tratado' e empregado polos astrónomos ata a Alta Idade Media, incluídos os navegantes dos descubrimentos; por iso o festival ten a súa partida en dúas grandes estrelas da cultura astronómica, Claudio Ptolomeo e Afonso X O Sabio.
Foto de la tercera plana (20240509-uvigo.jpg) Catro traballos que versan sobre a liberdade vixiada, a crise dos pellets, a ocupación de vivendas e a intelixencia artificial foron galardoados este xoves co III Premio Xurídico de Investigación en lingua galega Xosé Luís Franco. Os catro gañadores, dúas estudantes da Universidade de Vigo, un de Santiago de Compostela e outra da Coruña, déronse a coñecer este xoves na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, impulsora destes premios, no transcurso dun acto co gallo do Día das Letras Galegas.

Notas

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega aprobou o nomeamento de Joseba Sarrionandia, escritor vasco, como Escritor Galego Universal en 2024, desde o profundo respecto e afecto á súa persoa e a valoración da altísima calidade da súa obra, así como por defender a lingua, a cultura e a dignidade nacional de Euskadi. Joseba Sarrionandía (Bizkaia, 1958), formou parte nos anos oitenta da banda literaria Pott, xunto con Bernardo Atxaga, Jon Juaristi e Ruper Ordorika.
Galiciencia, a maior feira científica que se celebra na nosa comunidade, estase a desenvolver ata o venres no Parque Tecnolóxico de Galicia, baixo o lema 'Mellor, de Madeira'. A finalidade desta proposta é espertar as vocacións científicas entre o alumnado de Primaria, Secundaria, Educación Especial, FP e Bacharelato.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES