Notas de prensa

O Recorda Fest fai públicos os horarios dos 14 concertos que se celebrarán durante os días 8 e 9 de setembro

O Recorda Fest fixo hoxe públicos os horarios dos 14 concertos que se celebrarán durante os días 8 e 9 de setembro no Peirao de Batería da Coruña. O venres a apertura de portas será ás 16:30 horas, e o sábado ás 16:45 horas. Despistaos será o grupo encargado de inaugurar un festival para todas as idades e que conquistará a pequenos e maiores, nun show de 17:00 a 18:00 horas. A continuación, será Miss Caffeína quen se suba ó escenario, de 18:30 a 19:30 horas.

David Otero fará o propio de 20:00 a 21:00 horas, seguido de Iván Ferreiro, de 21:30 a 22:45 horas, Taburete de 23:15 a 00:30 horas, Mägo de Oz de 1:00 a 2:00 e pechará DJ Nano de 2:15 a 3:15 horas. Entre concertoe concerto, música electrónica a cargo dos deejays.

Para o sábado, a grella de concertos será a seguinte: Furious Monkey House de 17:00 a 17:50 horas, Veintiuno de 18:15 a 19:05 horas, Pignoise de 19:30 a 20:30 horas, Marlon de 20:55 a 21:55 horas, La Casa Azul de 22:20 a 23:35 horas, Dorian de 00:00 a 1:15 horas e Michenlo poñerá o broche final a esta primeira edición cun show de 1:30 a 2:45 horas. Entre concertoe concerto, música electrónica a cargo dos deejays.

En resumidas contas:

Venres 8 de setembro

Despistaos (17:00-18:00 horas)
Miss Caffeína (18:30 – 19:30 horas)
David Otero (20:00 – 21:00 horas)
Iván Ferreiro (21:30 – 22:45 horas)
Taburete (23:15 – 00:30 horas)
Mägo de Oz (1:00 – 2:00 horas)
DJ Nano (2:15 – 3:15 horas)

Sábado 9 de setembro

FMH (17:00 – 17:50 horas)
Veintiuno (18:15 – 19:05 horas)
Pignoise (19:30 – 20:30 horas)
Marlon (20:55 – 21:55 horas)
La Casa Azul (22:20 – 23:35 horas)
Dorian (00:00 – 1:15 horas)
Michenlo (1:30 – 2:45 horas)

O Recorda Fest será unha cita inesquecible por diferentes motivos; un dos que o fai único é lograr xuntar, por primeira vez, ós principais DJ’s de referencia galegos, residentes nas principais salas de festas da comunidade autónoma.

Farán bailar ó público na Coruña os deejays: Adrián Gold, Bea Fernandes, Carlos Barral, Chimeno, David Ribeiro, Joao Ribeiro, Jorge Ãlvarez, Mark Deluxe, Toni Seijas, Tuxiro y Víctor Rivas.

As entradas poden adquirirse no enderezo web do festival https://recordafest.es. Os horarios daranse a coñecer o vindeiro luns, 28 de agosto.

Recorda Fest, 2023-08-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (al-majisti-festival.jpg) O festival Al–Majisti' vaise desenvolver os vindeiros 17,18 e 19 de maio neste concello da alta montaña galega. Trátase dun certame literario no rural de Galicia que propón un diálogo entre literatura, astronomía e música, con afán de converterse nunha das citas culturais máis importantes da provincia. O nome 'Al–Majisti' é o topónimo árabe traducido como 'o máis grande, o grande tratado' e empregado polos astrónomos ata a Alta Idade Media, incluídos os navegantes dos descubrimentos; por iso o festival ten a súa partida en dúas grandes estrelas da cultura astronómica, Claudio Ptolomeo e Afonso X O Sabio.
Foto de la tercera plana (20240509-uvigo.jpg) Catro traballos que versan sobre a liberdade vixiada, a crise dos pellets, a ocupación de vivendas e a intelixencia artificial foron galardoados este xoves co III Premio Xurídico de Investigación en lingua galega Xosé Luís Franco. Os catro gañadores, dúas estudantes da Universidade de Vigo, un de Santiago de Compostela e outra da Coruña, déronse a coñecer este xoves na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, impulsora destes premios, no transcurso dun acto co gallo do Día das Letras Galegas.

Notas

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega aprobou o nomeamento de Joseba Sarrionandia, escritor vasco, como Escritor Galego Universal en 2024, desde o profundo respecto e afecto á súa persoa e a valoración da altísima calidade da súa obra, así como por defender a lingua, a cultura e a dignidade nacional de Euskadi. Joseba Sarrionandía (Bizkaia, 1958), formou parte nos anos oitenta da banda literaria Pott, xunto con Bernardo Atxaga, Jon Juaristi e Ruper Ordorika.
Galiciencia, a maior feira científica que se celebra na nosa comunidade, estase a desenvolver ata o venres no Parque Tecnolóxico de Galicia, baixo o lema 'Mellor, de Madeira'. A finalidade desta proposta é espertar as vocacións científicas entre o alumnado de Primaria, Secundaria, Educación Especial, FP e Bacharelato.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES