Notas de prensa

Lugo acollerá un congreso internacional sobre os feminismos e as culturas dos coidados

O Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX) da USC organiza o Congreso internacional. 'As culturas dos coidados e os feminismos', un encontro que se desenvolverá os días 28 e 29 de setembro na Facultade de Humanidades do Campus de Lugo.

A sesión inaugural arrincará ás 10 horas do xoves 28 e dará paso a dúas xornadas de relatorios que afondarán en economía dos coidados, xénero, saúde mental, políticas públicas, sexualidade, co-housing, traballo doméstico, maternidades en cuestión, ou pedagoxía feminista ecoanimal, entre outros temas, da man de persoal docente e investigador da USC e das universidades de Granada, Sevilla e Estremadura.

Esta actividade, cuxa inscrición pode realizarse ata o día 28 de setembro a través dun formulario en liña, organízase ao abeiro do convenio de colaboración coa Secretaría Xeral da Igualdade para o desenvolvemento de actividades do Plan Corresponsables en Galicia, financiado con fondos do Ministerio de Igualdade.

Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2023-08-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (al-majisti-festival.jpg) O festival Al–Majisti' vaise desenvolver os vindeiros 17,18 e 19 de maio neste concello da alta montaña galega. Trátase dun certame literario no rural de Galicia que propón un diálogo entre literatura, astronomía e música, con afán de converterse nunha das citas culturais máis importantes da provincia. O nome 'Al–Majisti' é o topónimo árabe traducido como 'o máis grande, o grande tratado' e empregado polos astrónomos ata a Alta Idade Media, incluídos os navegantes dos descubrimentos; por iso o festival ten a súa partida en dúas grandes estrelas da cultura astronómica, Claudio Ptolomeo e Afonso X O Sabio.
Foto de la tercera plana (20240509-uvigo.jpg) Catro traballos que versan sobre a liberdade vixiada, a crise dos pellets, a ocupación de vivendas e a intelixencia artificial foron galardoados este xoves co III Premio Xurídico de Investigación en lingua galega Xosé Luís Franco. Os catro gañadores, dúas estudantes da Universidade de Vigo, un de Santiago de Compostela e outra da Coruña, déronse a coñecer este xoves na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, impulsora destes premios, no transcurso dun acto co gallo do Día das Letras Galegas.

Notas

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega aprobou o nomeamento de Joseba Sarrionandia, escritor vasco, como Escritor Galego Universal en 2024, desde o profundo respecto e afecto á súa persoa e a valoración da altísima calidade da súa obra, así como por defender a lingua, a cultura e a dignidade nacional de Euskadi. Joseba Sarrionandía (Bizkaia, 1958), formou parte nos anos oitenta da banda literaria Pott, xunto con Bernardo Atxaga, Jon Juaristi e Ruper Ordorika.
Galiciencia, a maior feira científica que se celebra na nosa comunidade, estase a desenvolver ata o venres no Parque Tecnolóxico de Galicia, baixo o lema 'Mellor, de Madeira'. A finalidade desta proposta é espertar as vocacións científicas entre o alumnado de Primaria, Secundaria, Educación Especial, FP e Bacharelato.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES