Notas de prensa

O Campus Terra impulsa un sistema de acreditación de modelos de negocio agroforestais co proxecto AF4EU

Alén dos obxectivos xerais do proxecto AF4EU, a través do que se dá continuidade ao labor desenvolvido pola rede colaborativa internacional Afinet a prol da posta en valor dos sistemas afroforestais e a promoción de prácticas innovadoras, sostibles e rendibles, este programa pretende avanzar no afianzamento e na visibilización de modelos de negocios agroforestias de éxito, a fin de favorecer o emprendemento e achegar referentes a toda a cadea, desde produtores ata consumidores.

A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPSE) do Campus Terra da USC impulsa a creación dun sistema de acreditación de modelos de negocio agroforestais sostibles ambientalmente e viables no plano económico ao abeiro do proxecto europeo AF4EU, un programa coordinado pola catedrática da área de Produción Vexetal na EPSE Rosa Mosquera, quen lidera a Rede Galega de Innovación de Modelos de Negocio Agroforestais que botou a andar este luns no edificio CACTUS do Campus de Lugo cunha xuntanza na que tomaron parte 30 persoas, entre as que se atopan investigadores, gandeiros, agriculturores e propietarios forestais, asesores rurais, responsables de empresas ligadas cos sectores produtivos agroforestal e gandeiro e respresentantes de distintas administracións.

Alén dos obxectivos xerais do proxecto AF4EU, a través do que se dá continuidade ao labor desenvolvido pola rede colaborativa internacional Afinet a prol da posta en valor dos sistemas afroforestais e a promoción de prácticas innovadoras, sostibles e rendibles, este programa pretende avanzar no afianzamento e na visibilización de modelos de negocios agroforestias de éxito, a fin de favorecer o emprendemento e achegar referentes a toda a cadea, desde produtores ata consumidores.

A coordinadora do grupo de investigación en Sistemas Agroforestais e Agroecolóxicos da USC sinalou neste senso que o proxecto Afinet, no que tomaron parte 1.500 persoas de países europeos, entre elas 400 procedentes de España, puxo de manifesto a necesidade de articular mecanismos que permitiran testar e garantir a viabilidade de negocios no ámbito agroforestal, a fin de fomentar así un maior grao de aceptación e suscitar tamén máis interese na sociedade.

Daquela, explicou Mosquera, o consorcio de membros do proxecto europeo AF4EU e, en particular, as diversas redes de innovación agroforestal actividades en distintas rexións dos países implicados nesta iniciativa, traballamos na creación de ferramentas innovadoras que permitan coñecer de antemán parámetros referidos ao potencial grao de éxito de negocios no ámbito agroforestal.

A coordinadora do programa AF4EU precisou asemade que a viabilidade dos negocios agroforestais vai aliñada coas singularidade do seu emprazamento e, en consonancia, coa disposión de recursos, factores climáticos, demográficos, sociais, culturais... De feito subliñou esta investigadora, “a realidade está a indicar que falta educación e coñecemento respecto da xestión do territorio, porque se perdeu parte da sabedoría tradicional”. Para favorecer esta transmisión de coñecemento, as distintas redes de innovación agroforestal activadas en diferentes rexións europeos co proxecto AF4EU recollerán e compartirán as boas prácticas existentes nas diferentes áreas bioxeográficas de Europa para poñelas a disposición das persoas potencialmente usuarias: agricultores, produtores, silvicultores, lexisladores, consumidores...

Programa

A primeira xuntanza da Rede Galega de Innovación Agroforestal de Galicia comezou cunha sesión informativa sobre o programa AF4EU, para logo dar conta dos diferentes servizos activos de extensión agroforestal. A posta en común das ferramentas de apoio á toma de decisións existentes centrou outra das sesións de traballo desta reunión, no marco da que tamén se presentou ao público asistente a nube de coñecemento no eido agroforestal xerada por Afinet e que constitúe un repositorio documental de grande interese, xa que agroma amplo material sobre o sector.

Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2023-07-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (al-majisti-festival.jpg) O festival Al–Majisti' vaise desenvolver os vindeiros 17,18 e 19 de maio neste concello da alta montaña galega. Trátase dun certame literario no rural de Galicia que propón un diálogo entre literatura, astronomía e música, con afán de converterse nunha das citas culturais máis importantes da provincia. O nome 'Al–Majisti' é o topónimo árabe traducido como 'o máis grande, o grande tratado' e empregado polos astrónomos ata a Alta Idade Media, incluídos os navegantes dos descubrimentos; por iso o festival ten a súa partida en dúas grandes estrelas da cultura astronómica, Claudio Ptolomeo e Afonso X O Sabio.
Foto de la tercera plana (20240509-uvigo.jpg) Catro traballos que versan sobre a liberdade vixiada, a crise dos pellets, a ocupación de vivendas e a intelixencia artificial foron galardoados este xoves co III Premio Xurídico de Investigación en lingua galega Xosé Luís Franco. Os catro gañadores, dúas estudantes da Universidade de Vigo, un de Santiago de Compostela e outra da Coruña, déronse a coñecer este xoves na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, impulsora destes premios, no transcurso dun acto co gallo do Día das Letras Galegas.

Notas

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega aprobou o nomeamento de Joseba Sarrionandia, escritor vasco, como Escritor Galego Universal en 2024, desde o profundo respecto e afecto á súa persoa e a valoración da altísima calidade da súa obra, así como por defender a lingua, a cultura e a dignidade nacional de Euskadi. Joseba Sarrionandía (Bizkaia, 1958), formou parte nos anos oitenta da banda literaria Pott, xunto con Bernardo Atxaga, Jon Juaristi e Ruper Ordorika.
Galiciencia, a maior feira científica que se celebra na nosa comunidade, estase a desenvolver ata o venres no Parque Tecnolóxico de Galicia, baixo o lema 'Mellor, de Madeira'. A finalidade desta proposta é espertar as vocacións científicas entre o alumnado de Primaria, Secundaria, Educación Especial, FP e Bacharelato.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES