Notas de prensa

ICE-8 reúne en Santiago o coñecemento académico e industrial no eido da información cuántica

A oitava edición da conferencia Quantum Information in Spain (ICE-8) serve como punto de encontro para a comunidade científica en información cuántica en España, e incorpora tamén a convidados internacionais desta disciplina. O foro que botou a andar este luns 29 na Facultade de Matemáticas e que se estenderá ata o día 1 de xuño, pon un especial acento en outorgar visibilidade ao traballo dos investigadores e investigadoras máis novas.

Durante os catro días da conferencia abordaranse as principais liñas de investigación no campo da ciencia e a tecnoloxía da información cuántica, como a computación cuántica, comunicacións cuánticas, metroloxía e detección cuánticas e outras tecnoloxías instrumentais. Neste sentido, un dos obxectivos de ICE-8, que contará coa asistencia de máis de 150 persoas, é reunir o coñecemento do mundo académico e o da industria.

Entre os relatores e relatoras convidados destacan Cécile Yu (QuTech/TU Delft), Daniel Barredo (CSIC), Daniele Ottaviani (CINECA-Boloña), Dennis Schlippert (Universidade Leibniz de Hannover), Joaquín Fernández Rossier (INL-Braga), Sofía Vallecorsa (CERN), Valerio Pruneri (ICFO-Barcelona) e Vedran Dunjko (Universidade de Leiden). Haberá, en total, máis de 50 presentacións durante as xornadas.

O encontro está organizado pola USC a través do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro mixto da institución compostelá e da xunta de Galicia; polo Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA); e Quantum Spain, proxecto impulsado polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, a través da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial (SEDIA). Quantum Spain está composto pola Rede Española de Supercomputación e as institucións científicas máis punteiras do sector.

Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2023-05-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (al-majisti-festival.jpg) O festival Al–Majisti' vaise desenvolver os vindeiros 17,18 e 19 de maio neste concello da alta montaña galega. Trátase dun certame literario no rural de Galicia que propón un diálogo entre literatura, astronomía e música, con afán de converterse nunha das citas culturais máis importantes da provincia. O nome 'Al–Majisti' é o topónimo árabe traducido como 'o máis grande, o grande tratado' e empregado polos astrónomos ata a Alta Idade Media, incluídos os navegantes dos descubrimentos; por iso o festival ten a súa partida en dúas grandes estrelas da cultura astronómica, Claudio Ptolomeo e Afonso X O Sabio.
Foto de la tercera plana (20240509-uvigo.jpg) Catro traballos que versan sobre a liberdade vixiada, a crise dos pellets, a ocupación de vivendas e a intelixencia artificial foron galardoados este xoves co III Premio Xurídico de Investigación en lingua galega Xosé Luís Franco. Os catro gañadores, dúas estudantes da Universidade de Vigo, un de Santiago de Compostela e outra da Coruña, déronse a coñecer este xoves na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, impulsora destes premios, no transcurso dun acto co gallo do Día das Letras Galegas.

Notas

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega aprobou o nomeamento de Joseba Sarrionandia, escritor vasco, como Escritor Galego Universal en 2024, desde o profundo respecto e afecto á súa persoa e a valoración da altísima calidade da súa obra, así como por defender a lingua, a cultura e a dignidade nacional de Euskadi. Joseba Sarrionandía (Bizkaia, 1958), formou parte nos anos oitenta da banda literaria Pott, xunto con Bernardo Atxaga, Jon Juaristi e Ruper Ordorika.
Galiciencia, a maior feira científica que se celebra na nosa comunidade, estase a desenvolver ata o venres no Parque Tecnolóxico de Galicia, baixo o lema 'Mellor, de Madeira'. A finalidade desta proposta é espertar as vocacións científicas entre o alumnado de Primaria, Secundaria, Educación Especial, FP e Bacharelato.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES