Notas de prensa

Éxito de público no arranque da XXV edición da Miteu

Con éxito de público. Así arrancou a XXV edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Vigo, Miteu. Fíxoo coa participación do alumnado da Escola Superior de Arte Dramático de Galicia, que a través de Rebentadas, inspirada na obra Blasted da dramaturga británica Sarah Kane, trouxo ao Teatro Vidal Bolaño da Cidade Universitaria a dura lembranza da Guerra dos Balcáns, un conflito que se prolongou de 1992 a 1995 e que deixou tras de si decenas de miles de mulleres bosnias, serbias e croatas que foron agredidas e violadas.

Dirixida por Julia Canay e cun elenco composto por Laura Albasi, Héctor G. Pereira e Claudio Suárez, Rebentadas foi tecendo unha historia que co pasar dos minutos desvelou o nexo de unión entre unha violación nun hotel de Leeds, un partido de fútbol no que chovían botellas e a limpeza étnica na cidade de Srebrenica, en Bosnia. A ESADG apostou neste caso por unha novidosa posta en escena, na que o público se sentou enfrontado aos actores como se dun campo de fútbol se tratase, e incluíndo a gravación e emisión de vídeos en directo. Desde o local ao global, as persoas que asistiron a esta primeira representación da Miteu en Vigo puideron achegarse á historia dunha rapaza duns 21 anos que é agredida sexualmente por un home moito maior ca ela na habitación dun hotel de Leeds, no Reino Unido; a un histórico partido de fútbol entre o Dínamo de Zagreb –croata- e o Partizán de Belgrado –serbio-; e a limpeza étnica que tivo lugar na cidade Bosnia de Srebrenica en 1995, na que foron asasinadas máis de 8000 persoas.

O teatro volve o mércores 12 con As cidades agochadas

Tras o parón pola Semana Santa, as representacións continuarán o mércores 12 de abril da man do grupo Maricastaña, da Aula de Teatro Universitario de Ourense, que, baixo a dirección do dramaturgo Fernando Dacosta, representará a obra As cidades agochadas, unha viaxe por cidades “da memoria, do desexo, da morte, do poder…”. O día 19 será a quenda da Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela que, neste caso, porá en escena Observacións sobre a felicidade, unha obra colectiva dirixida por Roberto Salgueiro na que se fala sobre a felicidade, tratando de definila, intentando desentrañar os seus mecanismos…

Universidade de Vigo, 2023-03-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (al-majisti-festival.jpg) O festival Al–Majisti' vaise desenvolver os vindeiros 17,18 e 19 de maio neste concello da alta montaña galega. Trátase dun certame literario no rural de Galicia que propón un diálogo entre literatura, astronomía e música, con afán de converterse nunha das citas culturais máis importantes da provincia. O nome 'Al–Majisti' é o topónimo árabe traducido como 'o máis grande, o grande tratado' e empregado polos astrónomos ata a Alta Idade Media, incluídos os navegantes dos descubrimentos; por iso o festival ten a súa partida en dúas grandes estrelas da cultura astronómica, Claudio Ptolomeo e Afonso X O Sabio.
Foto de la tercera plana (20240509-uvigo.jpg) Catro traballos que versan sobre a liberdade vixiada, a crise dos pellets, a ocupación de vivendas e a intelixencia artificial foron galardoados este xoves co III Premio Xurídico de Investigación en lingua galega Xosé Luís Franco. Os catro gañadores, dúas estudantes da Universidade de Vigo, un de Santiago de Compostela e outra da Coruña, déronse a coñecer este xoves na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, impulsora destes premios, no transcurso dun acto co gallo do Día das Letras Galegas.

Notas

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega aprobou o nomeamento de Joseba Sarrionandia, escritor vasco, como Escritor Galego Universal en 2024, desde o profundo respecto e afecto á súa persoa e a valoración da altísima calidade da súa obra, así como por defender a lingua, a cultura e a dignidade nacional de Euskadi. Joseba Sarrionandía (Bizkaia, 1958), formou parte nos anos oitenta da banda literaria Pott, xunto con Bernardo Atxaga, Jon Juaristi e Ruper Ordorika.
Galiciencia, a maior feira científica que se celebra na nosa comunidade, estase a desenvolver ata o venres no Parque Tecnolóxico de Galicia, baixo o lema 'Mellor, de Madeira'. A finalidade desta proposta é espertar as vocacións científicas entre o alumnado de Primaria, Secundaria, Educación Especial, FP e Bacharelato.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES