Notas de prensa

Conta atrás para a décimo sexta edición do FIV de Vilalba

A conta atrás do festival de música independente de Vilalba comezou, xa que queda menos dun mes para que a localidade tíngase de fucsia do 28 ao 30 de abril. Unha oferta musical que naceu anos atrás, ao amparo das Festas Patronais de Vilalba, e que, tras máis dunha década de historia, foi adaptándose aos tempos ata converterse nun referente do calendario festivaleiro nacional, abrindo a tempada.

Este ano subirán ao Escenario Vibra Mahou: Lori Meyers, La Casa Azul, Sidecars, Sidonie, Carlangas, Delaporte, Moura, Hickeys, Berta Franklin, Tangerine Sistas, Ocho y Medio Dj’s e os DJ Akkan. O sábado pola mañá as actuacións da Banda de Música de Vilalba e Los Malinches trasládanse á Praza da Constitución, mentres que o domingo terá lugar a actuación infantil de A Gramola Gominola no mesmo espazo. Todos os concertos situados no Escenario Emerxente serán gratuítos e os horarios da programación musical pódense consultar na páxina web e nas redes sociais do FIV.

Vilalba gozará durante a fin de semana das diversas actuacións que estarán repartidas entre os escenarios situados na Praza da Constitución -o Escenario Emerxente-, e no Campo da Feira -o Escenario Vibra Mahou-, albergando este ano un aforo para 5.000 persoas. Tamén se realizarán unha serie de actividades paralelas ao longo dos tres días de festival na Casa da Cultura. A gravación do podcast Café Derby 21, un coloquio sobre a evolución dos medios musicais e a presentación do libro infantil “Isto é rock!”, do xornalista cultural Javier Becerra. O aforo é limitado e, para estas dúas últimas actividades, o acceso é libre por orde de inscrición a través da páxina web do festival.

Esta iniciativa municipal supón para a localidade unha inxección importante en canto á revitalización económica; pois o seu desenvolvemento tradúcese en emprego, promoción da localidade, e atracción do turismo. Ademais, este ano volverá reactivarse a campaña #EuSonFIV, na que comercio e hostalería ofrecerán diferentes descontos na vila a todos aqueles clientes que acrediten ser público do festival (mediante a pulseira oficial do FIV 2023).

O festival conta co apoio de Vibra Mahou, a plataforma de música de Mahou Cinco Estrellas que impulsa os encontros en torno ao directo. A Deputación de Lugo, Grupo Entrepinares, Petroni e Gadis tamén forman parte dos patrocinadores oficiais do FIV 2023, que continúan apostando por este formato.

Os abonos continúan á venda a un prezo de 45€ (+g.x.) tras esgotarse os tres primeiros tramos, así como os billetes de autobús para o servizo especial de transporte que, por primeira vez, levará de volta ao público ás cidades da Coruña e Lugo ao finalizar os concertos principais. Os tickets pódense adquirir a través da web https://fivdevilalba.com.

Así mesmo, aínda quedan prazas dispoñibles para a zona de acampada ao aire libre. O recinto escollido é o campo de fútbol Estadio Roca e as prazas son limitadas. As reservas estarán dispoñibles a través da páxina web ata o 16 de abril ou esgotarse o número máximo de parcelas.

FIV Vilalba, 2023-03-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (al-majisti-festival.jpg) O festival Al–Majisti' vaise desenvolver os vindeiros 17,18 e 19 de maio neste concello da alta montaña galega. Trátase dun certame literario no rural de Galicia que propón un diálogo entre literatura, astronomía e música, con afán de converterse nunha das citas culturais máis importantes da provincia. O nome 'Al–Majisti' é o topónimo árabe traducido como 'o máis grande, o grande tratado' e empregado polos astrónomos ata a Alta Idade Media, incluídos os navegantes dos descubrimentos; por iso o festival ten a súa partida en dúas grandes estrelas da cultura astronómica, Claudio Ptolomeo e Afonso X O Sabio.
Foto de la tercera plana (20240509-uvigo.jpg) Catro traballos que versan sobre a liberdade vixiada, a crise dos pellets, a ocupación de vivendas e a intelixencia artificial foron galardoados este xoves co III Premio Xurídico de Investigación en lingua galega Xosé Luís Franco. Os catro gañadores, dúas estudantes da Universidade de Vigo, un de Santiago de Compostela e outra da Coruña, déronse a coñecer este xoves na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, impulsora destes premios, no transcurso dun acto co gallo do Día das Letras Galegas.

Notas

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega aprobou o nomeamento de Joseba Sarrionandia, escritor vasco, como Escritor Galego Universal en 2024, desde o profundo respecto e afecto á súa persoa e a valoración da altísima calidade da súa obra, así como por defender a lingua, a cultura e a dignidade nacional de Euskadi. Joseba Sarrionandía (Bizkaia, 1958), formou parte nos anos oitenta da banda literaria Pott, xunto con Bernardo Atxaga, Jon Juaristi e Ruper Ordorika.
Galiciencia, a maior feira científica que se celebra na nosa comunidade, estase a desenvolver ata o venres no Parque Tecnolóxico de Galicia, baixo o lema 'Mellor, de Madeira'. A finalidade desta proposta é espertar as vocacións científicas entre o alumnado de Primaria, Secundaria, Educación Especial, FP e Bacharelato.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES