Buscador
Noticias
A conmemoración na USC do Día da Galeguidade Empresarial serviu de marco para que as tres universidades públicas galegas subscribisen un pronunciamento sobre a necesaria incorporación da lingua galega ao mundo empresarial. O chamamento realizouse nun acto institucional que se desenvolveu este martes 10 no Salón Nobre do Colexio de Fonseca.
O documental 'Doxandeem, cazadores de sueños', producido por Goree Island, vén de estrearse mundialmente no Festival Panafricano de cine de Ouagadougou (FESPACO), en Burkina Faso, e pasar por pantallas de Senegal, Francia e Alemaña. Agora, este vindeiro sábado 14 de outubro recalará en Ferrol, no Centro Cultural Torrente Ballester, ás 20 horas da tarde, co afán de reflexionar sobre a migración e a súa complexidade.
A VIII Xornada de Onomástica Galega explorará o 21 de outubro en Pontevedra o papel dos nomes propios e a súa riqueza na cultura popular. O encontro anual que organiza o Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, coa colaboración coa Deputación de Pontevedra e do Museo de Pontevedra, prestaralle atención especial á presenza da toponimia e a antroponimia no cancioneiro, e terá tamén en conta outros xéneros.
A Facultade de Dereito do campus de Ourense acolleu este xoves e venres a celebración do I Congreso Internacional de Dereito e Literatura, organizado pola Asociación Española de Derecho y Literatura (Aedel), o grupo de innovación educativa Innova Dereito e o grupo de investigación AGAF, liderados polo catedrático de Filosofía do Dereito da Universidade de Vigo Pablo Bonorino.
Durante os días que terá lugar o evento preténdese traballar os retos da interseccionalidade social, tecnolóxica e persoal na formación, a orientación e o emprego, así como de reflexionar sobre a necesidade de innovar e prever liñas de investigación ante os posibles riscos do seu impacto na empregabilidade das persoas nun contexto no que a Intelixencia Artificial comeza a emerxer como unha realidade que afectará ao autodesenvolvemento ao longo da vida.
O Global Omnium Auditorio e o Peirao XXI situado nas instalacións do Acuario de Sevilla acolle desde o martes 3 ata o xoves 5 de outubro o IV Congreso Iberoamericano de Enxeñaría Naval que organiza o Instituto Panamericano de Enxeñaría Naval Américas en colaboración coa Cátedra Ghenova Universidade da Coruña e no que participan máis de 350 entidades.
Música, teatro, danza, exposicións, faladoiros, cursos ou propostas audiovisuais integran a programación do Outono Cultural, unha iniciativa que abrangue a meirande parte da acción da USC en materia de cultura neste primeiro período do ano. Esta nova programación leva aos campus de Santiago e Lugo múltiples propostas dirixidas ao alumnado da USC pero abertas, na súa maioría, ao conxunto da cidadanía.
A Real Academia Galega de Ciencias recoñece coas medallas de Investigación a cinco científicas e científicos galegos en activo das universidades de Santiago, A Coruña e Vigo. A entrega das medallas terá lugar no acto académico de celebración do Día da Ciencia en Galicia, o vindeiro mércores 4.
Un modelo de intelixencia artificial da famosa cantante, presentadora e actriz Ana Kiro representará a Galicia co equipo PAMP! e a canción "Florespiña" no AI Song Contest, a Eurovisión mundial da intelixencia artificial, que se celebrará o sábado 4 de novembro na Coruña. A iniciativa está liderada polo director creativo Joel Cava.