Noticias

  • Galicia lidera a caída do paro en España ao pechar o mes de setembro con 17.737 parados menos, un descenso do 9,64%, o que supón unha caída do case o dobre que a rexistrada en setembro de 2017 con respecto ao mesmo período de 2016. A baixada do 9,64% é tres puntos e medio superior á media do Estado que se situou nun -6,09%. Trátase, ademais, do terceiro maior descenso nun mes de setembro de toda a serie histórica, desde 1996. A Comunidade galega, así mesmo, encadea case 5 anos de baixadas consecutivas do paro, desde novembro de 2013, situándose a niveis de hai 9 anos.
  • O número de fogares galegos que chegan con facilidade ou moita facilidade a fin de mes aumentou ata o 60,1% no terceiro trimestre do ano, mentres que a cifra de fogares que chegan con dificultade descendeu ata o 31,3%, baixando tamén ao 8,6% os que declaran chegar con moita dificultade. Este é o resultado máis baixo de fogares con algunha dificultade a fin de mes de toda a serie histórica, que se inicia no primeiro trimestre de 2010. De feito, o número de fogares que chegan con facilidade a fin de mes medrou en Galicia 5,5 puntos respecto ao anterior trimestre, un incremento que é de 11,8 puntos no último ano.
  • Galicia é a terceira comunidade con menor débeda autonómica por habitante no segundo trimestre do ano, só por detrás de Canarias e Andalucía. A consecuencia da xestión prudente da Xunta, Galicia mellorou a súa posición–no peche de 2017 estaba en quinto lugar- e cada galego debe hoxe 2.036 euros menos que o resto de cidadáns españois. Segundo os datos do Banco de España, cada galego debe 4.272 euros de débeda autonómica, fronte aos 10.478 euros que debe cada cidadán en Cataluña ou os 9.366 euros que debe cada cidadán da Comunidade Valenciana.
  • A comunidade galega baixou medio punto o seu endebedamento público no segundo trimestre deste ano, cun descenso de 201 millóns de euros no seu volume global, e sitúase como a quinta comunidade con menos débeda de España, segundo os datos do Banco de España publicados esta mañá. Ao finalizar o segundo trimestre do ano, a ratio de débeda / PIB de Galicia situouse no 18,6%, cinco décimas por debaixo da rexistrada no primeiro trimestre (19,1%) e catro décimas por debaixo da rexistrada no mesmo período do ano anterior (19,0%).
  • O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nomeou hoxe un novo Goberno que seguirá traballando cada día desta segunda parte de lexislatura. Durante o acto de toma de posesión dos novos membros do Executivo autonómico, Feijóo lembrou que desde o ano 2009 Galicia foi pioneira á hora de acompasar e adaptar o Goberno ás necesidades de cada momento: foi a primeira en reducir o tamaño do Goberno, nunha época de dificultades que así o esixía. En 2015, volveu cambiar para adaptarse aos retos da incipiente recuperación económica, “e, hoxe, cando acabamos de superar o ecuador da lexislatura, reforzamos as áreas máis necesarias para construír o futuro”, sentenciou.
  • O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, asinou hoxe os decretos polos que se modifica a estrutura do Goberno galego e nomea novas conselleiras e conselleiros. A renovación da Xunta prodúcese despois de que dous conselleiros —Beatriz Mato e José Manuel Rey— decidisen deixar o Goberno para concorrer como candidatos ás próximas eleccións municipais e supón un novo impulso para abordar os retos aos que se enfronta Galicia ás portas dunha nova década. A remodelación reforza os ámbitos cultural e turístico, coa vista posta no próximo Xacobeo 2021.
  • A Xunta de Galicia vai mobilizar máis de catro millóns de euros na dixitalización e modernización de empresas comerciais galegas e, como novidade deste ano, tamén artesanais, para a implantación de solucións dixitais que permitan aos beneficiarios adaptarse ás novas fórmulas de comercialización e ás tendencias do mercado, así como proxectos de modernización integral de locais. Así, cuns apoios públicos de 1,5 millóns de euros, beneficiaranse destas axudas un total de 471 comercios e obradoiros artesanais.
  • A Mobile World Capital Barcelona (MWCapital) aposta por Galicia e pola cidade da Coruña para celebrar o seu primeiro evento fóra de Cataluña. Entre o 21 e 28 de novembro, Mobile Week Coruña ofrecerá unha programación transversal e gratuíta en máis de 20 espazos ao longo dos 10 distritos da cidade da Coruña, a súa área metropolitana e a Cidade da Cultura, de Santiago de Compostela. Relatorios, charlas mesas redondas, demostracións, exposicións de arte, talleres e xornadas infantís, entre outras, darán lugar a abordar os retos, os límites e as oportunidades de transformación dixital.
  • O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, renovou o compromiso cun rural con máis innovación, máis tecnoloxía, máis cooperación, máis benestar social e con máis oportunidades; e que siga apostando pola remuda xeracional e que lle dea o protagonismo que lle corresponde á muller. Durante o acto de entrega dos premios Agader 2018, Feijóo lembrou que o rural leva modernizándose desde hai tempo grazas, en parte, a unha dobre implicación que o fixo posible: un cambio de mentalidade social e tamén un compromiso dos poderes públicos.
  • Segundo os datos do primeiro semestre, o 53% dos trámites realizáronse en liña, a través da sede electrónica ou dalgunha das oficinas virtuais, o que supón un crecemento de nove puntos con respecto ao mesmo período de 2017, onde a porcentaxe de documentos presentados a través de internet foi do 44%. Confírmase tamén un importante incremento no uso que fan os funcionarios da Plataforma de interoperabilidade Pasaxe!, que evita que aos cidadáns volver presentar documentos que xa están en poder da Administración.