Noticias

  • O Conselleiro de Facenda presentou no Parlamento o teito de gasto para 2019, asegurando que é “realista e prudente”, e o máis san e o que menos recorre á débeda de toda a década. A revisión á alza da previsión de crecemento para 2018 queda no 2,8% e no 2,5% en 2019, polo que Galicia seguirá experimentando un forte crecemento
  • A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, participou na Cidade da Cultura nas Xornadas Mulleres de Seu “O futuro de todas”, con motivo do Día da Muller Rural, que este ano cumpríu o seu décimo aniversario para -indicou- festexar este día é visibilizar a importancia das achega económicas, sociais e culturais que desenvolven as mulleres en áreas rurais de todo o mundo.
  • Esta liña de subvencións da Xunta, busca afondar nun sector máis competitivo e de maior calidade, contemplándose actuacións para elevar a categoría actual dos establecementos, a modernización de instalacións, embelecemento e actualización de equipos. A Consellería de Cultura e Turismo, dentro do seu obxectivo de afondar nun sector turístico máis competitivo, vén de investir case 1 millón de euros para estimular a renovación de establecementos de aloxamento.
  • O presidente do Goberno Galego inaugurou as xornadas “Hacia el astillero 4.0 por la transformación digital”, que en Ferrol organizan Navantia e a Universidade Internacional Menéndez Pelayo. Núñez Feijóo incide na necesidade de que Navantia prosiga co seu plan para converterse nun asteleiro máis tecnolóxico e que, por parte do Goberno central, se apoie ese esforzo con máis concreción e máis certezas, subliñando que a Axenda Galicia Industria 4.0 da Xunta, cun orzamento total de 352 millóns, xa beneficiou a máis de 7.100 empresas e permitiu a creación de máis de 18.000 postos de traballo.
  • DigiTalent formúlase como unha iniciativa aberta con achegas da propia Administración autonómica e dos axentes do ecosistema dixital, entre os que están as 12 empresas que en 2013 se adheriron ao Pacto Dixital da Xunta para impulsar o crecemento tecnolóxico da Comunidade. Responsables de Indra, Everis, Iecisa, Satec, Televés, R, Altia, Coremain, Telefónica, Vodafone, DXC Tecnology o Clúster TIC Galicia, reuníronse esta semana co equipo directivo da Amtega para pechar o calendario de actividades deste último trimestre do ano, que se centra nas actividades para os máis novos.
  • alicia convértese nunha das primeiras comunidades en aprobar o teito de gasto para 2019. Un teito de gasto de 9.850 millóns de euros, o que supón que o gasto da Comunidade para o vindeiro exercicio poderá aumentar ata 363 millóns de euros, respecto ao orzamento para 2018, é dicir, un 3,8% máis. O teito de gasto non financeiro contará con máis recursos e con menos débeda, xa que a Comunidade reducirá o seu déficit ata os 69 millóns de euros, o 0,1% do PIB, o que significa que, no 2019, Galicia non dependerá practicamente da débeda pública.
  • A transformación dixital é unha carreira de fondo, onde os tempos e obstáculos non son os mesmos para un autónomo, unha micropeme ou unha peme. Consciente desta realidade, a Amtega lanza “Destino: PemeDixital”, un programa que abarca iniciativas adaptadas ás realidades de cada negocio, con tres tipos de actuacións, DixitalOn, AceleraTIC e eLeaders. Na xornada de presentación participou o experto en innovación e transformación dixital, Juan Luís Polo. Profesor do Instituto de Empresa Business School e socio fundador da axencia Good Rebels.
  • A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) lanza o programa “Destino: Peme Dixital”, un itinerario formativo deseñado para que pemes, micropemes e autónomos coñezan as ferramentas e recursos para liderar a súa transformación dixital e mellorar a súa proxección de futuro. Un proxecto estratéxico que se presentará o mércores, 10 de outubro, nunha xornada informativa e de networking que terá lugar no Auditorio da Biblioteca da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.
  • Ponse en marcha a primeira edición do Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia co obxectivo de reducir a fenda entre a dispoñibilidade de traballadores con competencias dixitais e a crecente demanda destes perfís no mercado laboral. Dito plan engloba 30 iniciativas con máis de 2.500 prazas en tres eixos de actuación: o impulso das vocacións STEM, a promoción da adaptación aos novos perfís dixitais e a formación de E-líders para a transformación dixital.
  • O 60% das empresas TIC galegas sinala que é difícil ou moi difícil contratar persoal con formación específica en TIC, especialmente pola carencia de candidatos coa formación precisa. A pesar destas dificultades, o 24,4% das empresas TIC galegas ten previsto contratar novo persoal relacionado co ámbito tecnolóxico nos vindeiros anos, un 4,3% máis que o ano anterior. O informe sinala que preto do 34%. do persoal do sector ten titulación de grao superior ou media e o 27,2% dos empregados posúe ciclos formativos relacionados coas TIC.