Noticias

  • A iniciativa persegue desenvolver un sistema modular que permita o uso de enerxías limpas en rexións remotas, preparado para operar en climas extremos e que sexa simple en canto á súa instalación, despregue e traslado. O proxecto está liderado polo grupo lucense Norvento, coa participación da enxeñería naronesa e a consultora de I+D TEMHA. Existen no mundo zonas afastadas onde as necesidades de enerxía eléctrica se abastecen con combustibles fósiles (zonas de Rusia, Escandinavia, o norte de América, o centro de África ou Latinoamérica).
  • Galicia poderá aplicar desde o 1 de xaneiro as novas rebaixas fiscais previstas para o vindeiro exercicio, xa que hoxe o Diario Oficial de Galicia publica a Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 2019, así como a Lei de medidas fiscais e administrativas. Galicia foi a primeira comunidade autónoma que aprobou no seu Parlamento os seus Orzamentos para 2019, evitando a aplicación dunha prórroga orzamentaria que si terán que facer o Goberno central e outras comunidades como Cataluña, Andalucía ou País Vasco.
  • Os Orzamentos para 2019 establecen un gasto de 9.850 millóns e entrarán en vigor o 1 de xaneiro, unha vez que esta lei se publique nos vindeiros días no DOG. As contas da Xunta para 2019 incrementan o gasto en 363 millóns, un 3,8%, o que permitirá reforzar o gasto social, facer máis investimentos, impulsar a creación de emprego e aplicar novas baixadas impostos. Galicia disporá así de 1.464 millóns máis que en 2014 co obxectivo de fortalecer unhas contas públicas centradas no crecemento, os servizos e as persoas.
  • A chamada Ciberseguridade ou seguridade informática é un terreo de estudo a día de hoxe imprescindible tanto a nivel particular coma empresarial ou institucional, pois compromete cuestións tan sensibles coma poden ser a privacidade, a protección dos datos de corporacións de todo tipo e mesmo segredos de Estado, por citar tan só algúns exemplos da amplitude de implicacións que o termo conleva.
  • A conselleira do Mar, Rosa Quintana, defendeu hoxe en Bruxelas, no transcurso das negociacións do Consello de Ministros de Pesca da Unión Europea, a necesidade de ter en conta o desenvolvemento da actividade da frota en relación coa entrada en vigor da obriga de desembarque de capturas en xaneiro de 2019. Neste sentido, fixo fincapé no compromiso acadado cando se aprobou a reforma da Política Común de Pesca a través da que se establece esta obriga, que consiste en que esta obriga de descartes cero non impida a posibilidade de desenvolver a actividade pesqueira.
  • O salario medio anual en Galicia ascendeu no ano 2017 a 18.463 euros, o que supón a cifra máis alta de toda a serie histórica, segundo revela o último Estudo sobre Salarios que elabora o Instituto Galego de Estatística (IGE) correspondente ao ano pasado. Este estudo mostra que no ano 2017 consolidouse a tendencia á alza das retribucións que perciben os traballadores galegos. O pasado ano foi o terceiro consecutivo no que se rexistrou un incremento dos salarios, que no caso de Galicia supuxo unha suba do 1,92% no salario medio anual, un crecemento maior que no conxunto de España, onde foi do 1,78%.
  • Galicia baixou en tres décimas o seu endebedamento público no terceiro trimestre do ano, ata situalo no 18,3%, e xa é a cuarta comunidade autónoma con menos débeda de toda España, só por detrás de Madrid, País Vasco e Canarias, segundo ratifican os datos publicados hoxe polo Banco de España. Ao finalizar o terceiro trimestre do ano, a ratio de débeda/PIB de Galicia situouse no 18,3%, dúas décimas por debaixo da rexistrada no mesmo período do ano anterior e tres décimas por debaixo da rexistrada no segundo trimestre. Ademais, o diferencial positivo de Galicia respecto á media autonómica (24,4%) mantense en 6,1 puntos, cando en 2008 estaba igualado á media.
  • O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe a aprobación no Consello da Xunta do proxecto de decreto de desenvolvemento da Lei de inclusión social de Galicia que permitirá incrementar as contías da Risga, así como compaxinala con ingresos laborais. Uns cambios dos que se beneficiarán os preto de 10.000 galegos que perciben esta achega económica. “Trátase dun decreto ambicioso e innovador”, dixo, incidindo en que unha das novidades máis importantes será a posibilidade de compatibilizar a Risga cos ingresos do traballo, de xeito que aceptar un emprego non supoña unha perda de ingresos con respecto á renda social.
  • Este mércores tivo lugar o acto de presentación, no Polígono Industrial da Granxa, no Porriño, do Centro Tecnolóxico Galego do Videoxogo. O Centro nace co obxectivo de servir de punto de encontro para todos aqueles proxectos que teñan como base os videoxogos pero tamén, como transferencia tecnolóxica desde o sector do videoxogo cara a outras empresas e industrias. Actualmente o centro conta con 6 traballadores en persoal e, a previsión é crecer ata os 20 traballadores en 2019 aumentando os actuais proxectos e servizos que pon o centro a disposición das empresas de videoxogos e da industria en xeral.
  • A Amtega e R veñen de lanzar os 5 retos do programa startups R DiCo Challenge, que xa están publicados na web da aceleradora dixital do operador galego. Os emprendedores e empresas novas ou consolidadas que queiran participar poden presentar as súas propostas a través do formulario habilitado neste portal ata o vindeiro 8 de febreiro. A posta en marcha desta aceleradora, que foi presentada a finais de novembro na Coruña polo director xeral de R e a directora da Amtega, enmárcase no Plan DiCo Mindset da Xunta, para contribuír a configurar un sector de contidos dixitais galego máis potente, maduro e competitivo.