O custo laboral en Galicia acadou en 2019 o seu nivel máximo histórico, que representa un 91% da media española

Respecto á evolución por sectores, en Galicia o custo laboral bruto na industria representa o 92,8% da media española, fronte ao 99,5% no sector da construción e do 88,8% no sector servizos. O informe do IGE tamén inclúe datos sobre a súa estrutura, de xeito que o custo laboral bruto está conformado polos soldos e salarios (21.173,4 euros); cotizacións obrigatorias (7.010,5); os beneficios sociais (376,4); as indemnizacións por despedimento (103,2); os gastos en formación profesional (64,5) e os gastos derivados do traballo, que supoñen 304,4 euros.

En canto á evolución interanual, Galicia é a segunda comunidade autónoma –tras Aragón- onde máis medrou o custo laboral bruto en 2019. En concreto, este indicador medrou en Galicia un 3,8%, fronte ao crecemento do 2,4% da media española.
R.