O Comité de Expertos Económicos aposta por impulsar novas medidas para facilitar o financiamento das empresas

Entre outras propostas, apuntan á creación dun fondo galego de capital público e privado para investir en empresas afectadas polo COVID-19, a través de capital ou préstamos participativos; ou á ampliación da liña de avais do Estado canalizados polo Instituto de Crédito Oficial (ICO), habilitando un tramo específico destinado a operacións de reestruturación financeira.

Tamén propoñen os expertos a creación dunha nova liña de financiamento con garantía do ICO que posibilite un incremento do endebedamento neto das empresas, con garantía pública limitada. A posta en marcha dun mecanismo de co-investimento a escala autonómica que axude a completar as roldas de investimento no capital social das startups é outra das propostas que se analizaron esta tarde.

O Comité, do que forman parte expertos do ámbito académico, económico e empresarial de Galicia, así como os conselleiros de Facenda; Economía, Emprego e Industria; Medio Rural; e Mar; tamén recomenda á Xunta afondar en dúas vías complementarias: o financiamento multilateral apoiado no Banco de Desenvolvemento do Consello de Europa (CEB) e o Banco Eu
R.