Santiago de Compostela acollerá o congreso sobre Intelixencia Artificial máis importante de Europa

O comité organizador do congreso, presidido por Senén Barro, director científico do CiTIUS, espera unha participación próxima aos 1.000 asistentes. ECAI2020 será un punto de encontro no que a investigación, a innovación e o emprendemento ao máis alto nivel mundial porán en común os últimos avances científico-técnicos na Intelixencia Artificial, coñecida como ‘a electricidade do século XXI’. En palabras de Senén Barro, “Santiago de Compostela convertirase meses días na capital mundial da Intelixencia Artificial”.

As visitas internacionais deron comezo hoxe cun encontro no CiTIUS que trouxo a Santiago os prestixiosos científicos Giuseppe De Giacomo (Sapienza Università Di Roma), responsable de programa de ECAI2020, e Jérôme Lang (Université Paris-Dauphine), presidente da conferencia.

Precisamente o profesor Giuseppe De Giacomo ofrecerá este martes 4 ás 12:00 no CiTIUS unha conferencia sobre o seu proxecto Advanced Grant, recentemente concedido polo Consello Europeo de Investigación (European Research Council – ERC).
R.