Entra en vigor a Lei de reforzo de actuacións prioritarias, que permitirá empezar a usar o superávit de 125 millóns de 2018

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a Lei 2/2019, de Reforzo de actuacións prioritarias, unha normativa aprobada o pasado martes no Parlamento que permitirá que Galicia poida empezar a utilizar xa o superávit contable de 2018, un total de 125 millóns de euros, para reforzar o gasto social en Sanidade, Ensino e Servizos Sociais públicos.

A través desta lei –que entrará en vigor mañá sábado- autorízase un suplemento de que permitirán empregar o superávit sen penalizar o cumprimento das regras fiscais. “No que atinxe ao destino dos créditos suplementados, a maior parte das actuacións afectan políticas de gasto social, que se complementan cun financiamento adicional para infraestruturas forestais preventivas”, establece o texto da lei.

Actuacións prioritarias este ano

Tal como indica a Lei publicada hoxe no DOG, na Sanidade Pública auméntase o crédito en 16 millóns de euros para aumentar prazas de persoal na Atención Primaria, para equipamento de centros de saúde e hospitais, e para o transporte sanitario urxente. A previsión da Xunta é destinar neste 2019 á Sanidade pública 22 millóns do superávit de 2018, incluíndo os 16 millóns de euros xa establecidos nesta lei.

A lei tamén establece que no eido do ensino público auméntase o crédito en 22,7 millóns para a mellora de centros de ensino, con actuacións de rehabilitación e mellora das instalacións en 22 colexios e institutos públicos. En canto aos Servizos Sociais de carácter público, a lei eleva o crédito en 6,2 millóns de euros para actuacións de mellora das instalacións das escolas infantís, centros de maiores e residencias. Finalmente, destinarase unha achega de 3 millóns de euros para actuacións no medio rural, concretamente no eido da defensa contra os incendios forestais.

Galicia usará o superávit de 2018 para reducir a débeda da Comunidade Autónoma, co que se liberan créditos orzamentarios para financiar novos investimentos en Sanidade, Educación e nos Servizos Sociais públicos. Dos 130 millóns de nova capacid
R.