A produción industrial pecha 2018 cun incremento do 4,9%

Esta tendencia no crecemento industrial completouse durante o ano pasado cun incremento das exportacións do 7,2% ata novembro de 2018; unha mellora do sector no mercado laboral xa que o paro industrial descendeu en máis dun 10% a peche de 2018 con respecto a decembro de 2017 mentres que as afiliacións subiron máis dun 14% (máis de 2 puntos por riba da media do Estado). Ademais, Galicia é a Comunidade na que máis se incrementaron os salarios neste sector (o 5%).

O Goberno galego está apoiando o incremento da produción industrial a través da Axenda Industria 4.0, que ten entre os seus obxectivos para o ano 2020 que o peso da industria creza no PIB galego; así como a través da Lei de implantación empresarial que busca facer de Galicia unha terra de oportunidades favorecendo os investimentos empresariais na Comunidade con medidas que ofrecen máis simplificación administrativa, máis incentivos e máis facilidades para o acceso ao solo.
R.