En Marea sostiene que Galicia tardará 24 años en recuperar el empleo de 2008 al ritmo actual

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:

O voceiro de En Marea Luís Villares e mailo deputado e voceiro de Economía Manuel Lago presentaron no Parlamento 101 preguntas coas que pretenden que a Xunta dea explicación ao feito de que Galicia sexa a comunidade autónoma coa evolución de emprego do Estado, tanto nos datos de poboación activa, coma os de poboación ocupada e desempregada.

Para Manuel Lago esa “anomalía laboral” fai que, ao ritmo de creación de emprego de 2017, cun incremento de tan só 6.000 empregos, Galicia tería que agardar ata o ano 2.042 (24 anos) para acadar o nivel de emprego de 2008, ano no que Feijóo comezou a gobernar a Xunta, e dende o que perdemos 144.000 empregos, segundo os datos do INE.

“Fomos os que máis emprego destruímos na fase recesiva 2008-2013 (-15%) e somos os que menos emprego estamos xerando na fase alcista do ciclo”, lembrou o parlamentario de En Marea para quen o segundo fracaso do goberno Feijóo é que entre o ano 2008 e 2017 o desemprego en Galicia medrase o 43%. “Feijóo presume sempre que temos unha taxa de paro inferior á media española e é certo, pero igual de certo é que Feijóo está liquidando o diferencial positivo histórico que tiña a economía galega”, sinalou.

No 4T do ano 2009 Galicia tiña unha taxa de paro que estaba 5,9 puntos por debaixo da media española, hoxe está 1,8 puntos. “Aínda temos un diferencial positivo, pero un ano máis con esta política laboral e teremos liquidado ese diferencial positivo”, indicou Manuel Lago.

Finalmente referiuse á comparación entre 2008 e 2017 nas tres variables claves do mercado de traballo: activos, persoas paradas e ocupadas. “O paro reduciuse en máis de 98 mil persoas pero só a metade porque atoparon un emprego, pois como vedes a xeración de emprego é de 53.000 persoas, o resto é unha caída de 45.600 persoas da poboación activa”. Regresión demográfica, desánimo por falta de posibilidades de atopar un emprego e emigración, ese é para En Marea o fracaso da política laboral do goberno Feijóo: “A redución do desemprego non é porque as persoas atopen un emprego, senón porque deixan de buscalo no noso país”, concluíu.

Fotografía: Gabinete de Comunicación de En Marea
R.