Aumenta el paro en Galicia en el primer mes de 2018: 4.873 personas engrosan las listas de los desempleados en Galicia que ascienden a 189.886

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

La secretaria general de Empleo, Covadonga Toca, ha valorado los datos del paro registrado correspondientes a enero, un mes que se cerró con la mayor caída del desempleo en la evolución anual de toda la serie histórica (desde 1996): la bajada fue del 10,46%, lo que supuso 22.192 personas menos en el paro. Las cifras sitúan a Galicia en niveles de hace 9 años y, además, tal y como destacó Toca, 1 de cada 3 parados abandonaron las listas del desempleo en los últimos 5 años. Asimismo, ha destacado que el paro lleva bajando de manera consecutiva desde hace más de 4 años. Con respecto al Estado, Galicia es la tercera comunidad en la que más descendió el desempleo, manteniendo un diferencial con España superior en casi tres puntos.

La secretaria general de Empleo señaló que no sólo se redujo el paro, sino que también se creó más empleo y de calidad. Enero cerró con 22.714 afiliaciones más que hace un año, lo que supone una subida del 2,39%, la mayor de los últimos 10 años. De este modo, ya son casi cuatro años, desde abril de 2014, de incremento en las afiliaciones.

Con respecto a la estabilidad laboral, se registraron más contratos indefinidos y a tiempo completo tanto en la evolución anual como con respecto al mes pasado y con un ritmo de incremento mayor que el del Estado. De hecho, Toca ha apuntado que en comparación con diciembre de 2017, la contratación indefinida creció en Galicia en un 41,86%, cuadriplicando el ritmo de subida de la contratación temporal, y superando en casi 10 puntos el aumento registrado en el Estado ( 31,96%). Además, con respecto al mes anterior, la contratación temporal y a tiempo parcial disminuyó, un síntoma de que, en palabras de Toca, demuestra que el mercado de trabajo gallego sigue recuperándose. En general, la contratación creció en la evolución anual en un 14,85%, registrando un mayor incremento que el producido en España, que se situó en el 7,12%.

El paro también bajó en la evolución anual en todos los sectores, liderando el descenso la construcción (-22,24%), seguido de la agricultura y pesca (-13,81%), de la industria (-13,52%) y de los servicios (-8,18%). Cayó, además, en los colectivos con más dificultades para encontrar un empleo y prioritarios en la Xunta como son los menores de 30 años (-10,80%); las mujeres (-7,58%); y los parados de larga duración (-10,49%), cuya reducción significa que la mitad de los desempleados que salieron del paro en el último año pertenecían a este colectivo. También descendió el desempleo en las siete grandes ciudades y en las cuatro provincias (Lugo: -13,80%; Ourense: -13,28%; Pontevedra: -10,79%; y A Coruña: -8,46%).

En cuanto a la subida del paro con respecto a diciembre de 2017, la secretaria general de Empleo ha señalado que el paro sube en los meses de enero en toda la serie histórica debido a la caída del empleo estacional después de la campaña navideña. Ha afirmado que, por eso, la Xunta sigue trabajando para que Galicia cree empleo, aunque ha subrayado que en este enero se produjo la menor subida desde el inicio de la crisis económica.

Para continuar mejorando el mercado laboral gallego, la Xunta comenzó el año poniendo en marcha nuevas estrategias para crear “más y mejor empleo”, según ha explicado Toca, como son el Plan Galicia Innova que movilizará 1775 millones de euros hasta 2020 para impulsar la actividad económica e industrial y generar empleo y bienestar social a través de la innovación con el objetivo de incrementar en más de un 10% el personal empleado en la I+D, hasta los 10.400, y disponer de un 15% más de empresas con actividades innovadoras, hasta superar el millar.

Asimismo, la secretaria general se ha referido al nuevo Mapa de apoyos del Igape para impulsar la innovación, la formación y la mejora de la competitividad de las empresas gallegas con el objetivo de que las iniciativas empresariales no queden sin desarrollar por falta de ayudas. Por último, y en materia de empleo, Toca ha puesto en valor que en este comienzo de año ya están en marcha ayudas por más de 30 millones de euros para facilitar el inicio de actividad a más de 400 autónomos y la contratación en 190 empresas; los apoyos del programa Aprol Economía Social para favorecer el emprendimiento; o el impulso de la contratación en 700 pymes y empresas de base tecnológica. Además, se abrirá también el plazo de solicitud para la contratación de 430 desempleados en 220 ayuntamientos a través del Aprol Rural. En definitiva, Toca ha afirmado que Galicia ofrece hoy en día oportunidades para invertir siendo un espacio propicio para generar riqueza y emprender.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de CC.OO.-Galicia:

Comisións Obreiras (CCOO) ve nos datos do paro rexistrado do mes de xaneiro a constatación de que, malia o cambio de ano, «todo segue igual». A insistencia da Xunta en aplicar «vellas políticas» dá como resultado «máis do mesmo», ou sexa, destrución de emprego. O sindicato xa vaticinara que os postos de traballo creados no sector servizos para afrontar a campaña do Nadal non ían servir para consolidar o emprego.

A secretaria de Emprego de CCOO, Maica Bouza, insta a Xunta a cambiar o rumbo, porque «os datos son teimudos e amosan o fracaso das políticas aplicadas ata o momento». A sindicalista repróchalle á Xunta que non estea a facer unha correcta análise da situación: «así non é posible mudar as cousas», lamenta. Co gallo da Radiografía trimestral do mercado laboral galego, CCOO xa alertaba do precario estado de saúde do mercado do traballo en Galicia, «enfermo e cada vez máis encollido», no que a meirande parte da redución do desemprego se produciu á custa da perda de poboación activa.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de UGT-Galicia:

A economía, en termos globais medra, a un ritmo do 3,1 por cento, pero o mercado laboral continúa mergullado nunha fonda crise que só permite respirar en momentos conxunturais, como as campañas de contratación de Nadal ou a temporada estival, pero que volve ao pozo do desemprego e precariedade o resto do ano. Cúmprense este mes seis anos da Reforma Laboral imposta polo Goberno do PP que demostrouse como un arma arroxadiza que só serviu para precarizar o mercado laboral e empobrecer aos traballadores.

UGT-Galicia amosa a súa preocupación ante estas cifras que contrastan cunha economía que medra a un ritmo do 3,1 por cento e insiste na súa mensaxe de que a recuperación non está chegando ás familias, quédase no eido macroeconómico.

O mercado de traballo no superou a crise, os traballadores seguen padecendo o desemprego e a precariedade e resulta moi difícil de entender que os gobernos do PP no Estado e en Galicia exhiban tanto triunfalismo.

O descenso continuado da taxa de cobertura por desemprego e a extensión do paro de longa duración obrigan a poñer en marcha de xeito urxente verdadeiras políticas de emprego que protexan ás persoas en desemprego vía prestacións, combinando as axudas con medidas activas de emprego, de orientación, formación e inserción.

Transcorridos seis anos dende a imposición unilateral polo Goberno central da reforma laboral, resulta evidente a necesidade de abordar os estragos producidos no mercado laboral e no sistema de relacións laborais por unha lexislación retrógrada que só serviu para rebaixar o salario dos traballadores e recortar os seus dereitos.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de PSdeG:

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, sinalou que as cifras do paro coñecidas constatan a “oportunidade perdida” polo goberno galego para trasladarlle a recuperación económica á cidadanía. Así o dixo en declaracións aos medios no transcurso dunha xornada parlamentaria sobre sanidade organizada polo Grupo Socialista e a Escola de Formación Ceferino Twitter no Parlamento de Galicia.

O responsable socialista criticou o fracaso da Xunta á hora de trasladar o crecemento económico á cidadanía “a pesares de que os discursos oficiais trasladan de forma continua un escenario macroeconómico de recuperación boiante”. Lamentou que a fase expansiva do ciclo económico non se teña traducido no crecemento das cifras do emprego, que teñen empeorado con relación ao ano pasado.

Neste mesmo sentido, a portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, sinalou nunha intervención na Comisión de Facenda que o 90,5 por cento dos contratos asinados no último mes foron temporais. Ademais, trátase, apuntou, dunha Comunidade Autónoma na que o paro aumentou un 2,63 por cento, un 40 por cento máis que a media do Estado, onde aumentou un 1,87 por cento.

A responsable socialista criticou que a Xunta teña deixado sen executar 100 millóns de euros destinados á promoción de emprego en 2016, o último exercicio coñecido. Sinalou que “esta falla de execución orzamentaria, contrastada co nivel de desemprego de Galicia, revela un goberno que non está á altura do que debe ser unha administración moderna cun plan de futuro”. Censurou que o Executivo estea “máis ocupado na publicidade e propaganda que en implantar políticas útiles para a poboación”.

A deputada socialista presentou unha pregunta oral na que criticou que o goberno galego teña destinado contías “irrisorias” para o fomento do emprego e a mellora da empregabilidade en colaboración coas entidades locais”.

Sinalou que os orzamentos de 2017 apenas recollían 1,3 millóns de euros, o equivalente a 4.140 euro por concello, co cal pódese asinar 1,5 contratos do grupo 1 -2.700 euros- ou 2,58 do grupo 7 -1.600 euros- por 3 meses a tempo completo ou 6 a tempo parcial.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación do BNG:

A portavoz nacional, Ana Pontón, pide ao presidente da Xunta que tome nota sobre os últimos datos do paro que mostran que a tan anunciada recuperación económica non se está a trasladar ás familias nin á clase traballadora.

“Detrás das cifras do paro hai persoas e o que nos trasladan é que a pesar de que nos proclaman unha saída da crise esta non chegou a milleiros de cidadáns e seguimos tendo unha realidade social moi preocupante. O que estamos vendo é que, a pesar de que hai máis riqueza que antes da crise, temos menos emprego e medran as desigualdades o que significa que a crise consolida un modelo da precariedade, un modelo no que os galegos as galegas saímos perdendo”, argumentou Ana Pontón desde Narón, onde realizou unha visita á sede da Cooperativa de consumidores e crédito do Val.

Ademais da realidade de traballadores e traballadoras pobres, Pontón advertiu sobre o feito “de que sigue a haber unha emigración e unha precariedade moi fortes”, polo que instou ao Goberno de Feixóo a cambiar o rumbo. “Estamos nun momento no de parar a pensar porque as cousas non van ben, no que se necesitan novas ideas, un novo modelo produtivo e poñer toda a riqueza do país ao servizo da creación de emprego e penso que nesta materia o Goberno galego ten unha débeda con todos os galegos e as galegas”.
R.