Notas

  • O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, José Antonio Quiroga, instou á Xunta a impulsar un grupo lácteo galego “forte” que permita “garantir valor engadido para a produción” do sector, que supón hoxe máis dun terzo do total do Estado. Así o dixo o representante dos socialistas galegos no debate dunha pregunta oral á Xunta sobre as medidas previstas para defender aos produtores galegos.
  • Os portos con maior actividade foron Cariño, Ribadeo e Brens-Cee. Ribeira lidera a descarga de peixe fresco, seguido de Burela e Celeiro-Viveiro. A facturación sumou 1 millón de euros por riba das previsións orzamentarias. Portos de Galicia realiza o balance anual de tráfico de mercadorías rexistrado nos 122 peiraos de titularidade autonómica entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2017.
  • O titular da Xunta reuniuse coas tres asociacións de redeiras que participaron no proxecto ‘Enredadas’. Gaba a actividade desenvolvida para dar a coñecer o traballo deste colectivo a través da elaboración de produtos de artesanía co material empregado nesta profesión. Resalta o esforzo e a perseveranza para manter viva unha profesión senlleira do noso mar, que proba que a muller mariñeira é parte integrante e relevante da industria pesqueira.
  • Agadic convoca 145.000 euros en axudas para promover o talento audiovisual galego a través do impulso á escrita de cinco guións, a realización doutras cinco curtametraxes e a posta en marcha de tres longas con dirección novel. Cultura destina 550.000 euros en axudas para mellorar os servizos bibliotecarios e para apoiar o sector editorial.
  • O Premio Artesanía de Galicia 2017 foi para a peza ‘A cunca en minifundio’ de Rodrigo Riveiro (Teo); o Premio Traxectoria, para Obdulia Rodríguez González, ‘Lula’ (Sober); e a Bolsa Eloy Gesto para Paula Ojea (Vigo). Conde asegura que a artesanía de Galicia “está máis viva que nunca” e destaca o seu potencial e prestixio.
  • Comisións Obreiras (CCOO) reuniu en Vigo as delegadas e delegados do sector do automóbil para analizar a situación actual, así como os retos e ameazas de futuro. A cuarta quenda en PSA, o esforzo para o lanzamento do modelo K9 e a competencia desleal —sobre todo de Portugal— centraron a reunión. O sindicato subliña a necesidade de potenciar as empresas galegas para garantir o futuro, sobre todo ante o reto da industria 4.0 e o futuro vehículo eléctrico.
  • O grupo parlamentario de En Marea considera inaceptable o acordo de cotas acadado en Bruxelas que “demostra unha vez mais a nula capacidade negociadora e de presión da consellería de pesca de Galicia”. Desde o grupo parlamentario reclaman máxima transparencia sobre o acontecido en Bruxelas, e firmeza na presión durante a negociación no reparto interior das cotas co goberno do Estado.
  • Prosigue el desarrollo del modelo integrado de tiendas físicas y online, con la implantación del same day delivery en seis capitales y el next day delivery en seis mercados, entre ellos España, Francia, Reino Unido o China. El grupo gallego alcanza las 7.504 tiendas en 94 mercados y sus ventas crecen un 6% por encima del las de 2016.
  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou as instalacións de Navantia na ría de Ferrol e comprobou o avance nos traballos de fabricación dos 42 jackets e salienta que se trata dun proxecto cun investimento de 150 millóns de euros e cunha carga de traballo dun millón de horas. Incide na necesidade de que haxa unión e diálogo entre Administración, sector naval e empresas auxiliares.
  • O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, advertiu que a OPE anunciada polo presidente da Xunta resulta “insuficiente en cantidade e deficiente en calidade”. “Perdemos persoal, o pouco que incorporamos o facemos a un ritmo insuficiente e continuamos sen resolver o problema dos contratos miseria” na sanidade.