Notas

  • Poderanse acoller as pemes que conten con plans empresariais que oscilen entre os 50.000 e os 2 millóns de euros e que pertenzan a algún destes sectores: industrias extractivas; industria manufactureira; tratamento e eliminación de residuos; reparación de vehículos de motor e motocicletas; depósito, almacenamento e manipulación de mercadorías; hoteis e aloxamentos similares; información e comunicacións; e servizos técnicos ou outros servizos de apoio a industria.
  • O xurado do XIX Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, un certame promovido de xeito continuado desde o ano 2000 polo grupo empresarial Aresa en colaboración coa USC, acordou distinguir con este galardón, dotado con 10.000 euros, o Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) pola achega para facer da “agricultura ecolóxica un dos principais motores de desenvolvemento rural tanto en Galicia”.
  • O Ministerio de Política Territorial acaba de conceder á Deputación da Coruña, máis de 4 millóns de euros (4.252.591,45€) procedentes do Fondo Social Europeo para desenvolver o proxecto PEL- Emprego Sostible no Eido Rural. A institución provincial achegará outros 1,1 millóns para completar o orzamento total do programa, que ascenderá a 5.315.739 euros.
  • O Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia 2020, DigiTalent, estreará tres iniciativas en 2019 con accións divulgativas para reforzar a imaxe dos profesionais vinculados ás TIC, dinámicas de inmersión tecnolóxica e eventos para potenciar o talento en torno ás novas tendencias dixitais. En total o Plan sumará ata 33 actuacións, das cales 12 son lideradas integramente por empresas.
  • Arredor de 40 persoas, na súa maioría estudantes de doutoramento e investigadores en formación, participaron este venres no evento de emprendemento EIT Food Games, no marco do que se presentaron diversas iniciativas de iniciativas empresariais e innovación promovidas por EIT Food, Campus Terra e outras impulsadas desde o Clúster Alimentario de Galicia.
  • Os autónomos e empresas illadas en zonas do rural galego que estean interesados nas axudas para a dotación de banda larga ultrarrápida teñen un mes para poder realizar a súa solicitude. Os interesados poderán presentar solicitude de forma individual, e como novidade desta convocatoria tamén o poderán facer en agrupación de empresas.
  • A Fundación Galicia Europa organizou, no marco do Foro Galego do Brexit, o terceiro debate sobre este tema, menos dunha semana despois de que se anunciase o acordo para a retirada do Reino Unido da Unión Europea. O acto contou coa presenza do conselleiro encargado do Brexit na Representación Permanente de España ante a UE, Ricardo Díez-Hochleitner, e de 40 participantes no programa TecEuropa 2018 como público.
  • A Escola Galega de Administración Pública acolleu unha xornada, á que asistiron máis de 120 persoas, destinada a debater sobre a posible reforma da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, cuxo obxectivo principal é o de controlar a legalidade da actividade administrativa, garantindo os dereitos e intereses lexítimos da cidadanía fronte ás posibles extralimitacións da Administración pública.
  • O Pleno aprobou a proposta de Orzamento da Deputación para 2019, que presentou á sesión o Presidente, Darío Campos Conde. Fíxoo cos votos a favor dos Deputados do Goberno Provincial do PSOE, coa abstención do PP e cos votos en contra do BNG e Deputado non adscrito. O Presuposto conta con 88,4 millóns de euros, dos cales o 55% son para investimentos nos 67 Concellos e para os 330.000 veciños da provincia.
  • A Cidade da Cultura acolle hoxe unha Xornada de Ciberseguridade, a primeira actividade coa que a Xunta achega a Santiago as actividades da Mobile Week Coruña. A directora da Amtega, Mar Pereira, xunto co presidente do Clúster TIC, Antonio Rodríguez, inaugurou o encontro destacando a importancia da formación e a divulgación para xerar unha cultura da ciberseguridade no tecido empresarial, especialmente en pemes e autónomos.