Iníciase o programa formativo Son Executiva, co obxectivo de reforzar os coñecementos en xestión executiva das profesionais galegas

O programa celebrarase ata o mes de xullo –a primeira acción comezará na Coruña o 2 de marzo- e está previsto impartir esta formación xunto cun programa de coaching individualizado en sesións presenciais nas cidades da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Santiago de Compostela. O obxectivo é reforzar os coñecementos de xestión executiva para que as mulleres galegas poidan acceder a postos de alta dirección nas empresas e dar ferramentas ás participantes para potenciar o seu propio desenvolvemento cara a consecución das súas metas profesionais.

Constará de dous niveis formativos segundo a experiencia e situación profesional das participantes: por unha banda un itinerario dirixido a mulleres con algún cargo directivo e experiencia profesional ou empresarias en activo; e por outra, un itinerario para recentemente tituladas universitarias ou con formación profesional que pretendan impulsar a súa traxectoria ou poñer en marcha un proxecto emprendedor.
Son Executiva