A EGAP debate ao redor da reforma da xurisdición contencioso-administrativa

Á inauguración asistiron Sonia Rodríguez-Campos, directora da EGAP; Juan José Martín, director xeral de Xustiza; e José María Gómez y Díaz-Castroverde, presidente da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Durante o acto a directora da Escola lembrou a importancia desta lexislación, cuxo obxectivo principal é o de controlar a legalidade da actividade administrativa, garantindo os dereitos e intereses lexítimos da cidadanía fronte ás posibles extralimitacións da Administración pública.

Despois de vinte anos de vixencia, incidiu Sonia Rodríguez-Campos, cómpre analizar se é necesario un novo texto legal ou se, pola contra, sería suficiente aplicar certas modificacións puntuais en cuestións coma a mediación, a posibilidade de volver sobre as custas procesuais para eliminar o vencemento obxectivo, a necesidade de xeneralizar un procedemento abreviado ou a necesidade implantar a dobre instancia no contencioso-administrativo e, deste xeito, dar o seu propio sentido ao recurso de casación.
Escola Galega de Administración Pública