O uso eficiente das computadoras abre fronteiras en todas as áreas do saber, salienta Crujeiras na apertura do ‘Euro-Par 2017’

Esta apertura foi unha chamada a traballar a prol da progresiva mellora e da optimización da eficiencia dos ordenadores, xa que o seu traballo permite abrir novas fronteiras en todas as áreas do saber que deparan efectos positivos para todos.

Rosa Crujeiras fixo estas declaracións no acto de inauguración oficial do Euro-Par 2017, un envento científico que chega por vez primeira a Galicia na súa 23 edición da man do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información da USC (CiTIUS) e grazas ao impulso e a o complexo traballo de organización realizado polos investigadores Francisco Fernández Rivera, Tomás Fernández Pena, José C. Cabaleiro e Dora Blanco, membros todos do Grupo de Arquitectura de Computadores (GAC).

Acompañada do presidente do comité organizador de Euro-Par 2017, Francisco Fernández Rivera; o presidente do Steering Committee Euro-Par, Christian Lengauer, e o director do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga), Javier García Tobío, así como da tenente de alcalde e concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo do Concello de Santiago, Marta Lois, a vicerreitora de Coordinación e Comunicación agradeceu a congresistas e organizadores a celebración desta conferencia internacional na institución académica compostelá, que “capta estes días a atenta mirada da comunidade informática, pero tamén de investigadores de áreas da Medicina, Farmacia, Bioloxía, Xoegrafía ou, entre outras, Matemáticas”, dixo.

Premisas do congreso

A nova edición deste congreso mantén as mesmas premisas de anos anteriores. Daquela, Euro-Par 2017 tratará distintos aspectos relacionados co mundo da computación paralela, desde cuestiones teóricas sobre os supercomputadores, os procesadores de última xeración, as tarxetas gráficas ou as redes de interconexión, ata a programación de aplicacións destinadas a dar resposta a problemas de alta demanda computacional.

Os relatores convidados ao Euro-Par 2017 farán especial énfase en temas de máxima actualidade, tal como o son o paralelismo en sistemas multinúcleo, a computación na nube, computación Big Data o ou consumo enerxético dos grandes supercomputadores. Daquela, o congreso contará coa presenza, entre outros, de tres figuras del paralelismo a nivel internacional: David Padua, da Universidade de Illinois (EE.UU.); Ian Foster, da Universidade de Chicago (EE.UU.), e Jürgen Döllner, da Universidade de Postdam (Alemaña). Polo que respecta á industria, en Euro-Par 2017 participan tamén compañías tecnolóxicas da talla de Intel o HP.

O Euro-Par 2017 servirá tamén de escenario no que se presentarán 50 traballos, escollidos de entre 177 propostas recibidas de grupos de investigación de todo o mundo. Doutra banda, durante a semana do congreso tamén se desenvolverán 10 workshops de temáticas moi específicas, sobre as que se incidirá especialmente. Unha das principais novidades será o concurso de programación paralela dirixido a congresistas novos e que terá lugar nos computadores del Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga).
USC